Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Salman Khan: Usemos o video para reinventar a educación

Conferencia de Salman Khan sobre como creou a Khan Academy e invita á comunidade educativa a considerar cambiar o tradicional método de ensino.

Salman Khan é profesor, informático e enxeñeiro estadounidense, que creou en setembro de 2006 unha plataforma de educación gratuíta chamada Khan Academy; todos os recursos do sitio están dispoñibles de forma gratuíta.

Khan realizou estudios de matemáticas e enxeñaría no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e obtivo un MBA na Universidade Harvard. Hai uns anos, mentres estaba a traballar como xestor de fondos de investimento en Boston empezou a dar titorías de matemáticas por Internet aos seus primos, e foi colgando en Youtube os pequenos vídeos explicativos que ía gravando. Pronto empezáronse a popularizar os seus vídeos, tanto, que en Setembro de 2009 decidiu deixar o seu traballo e centrar todos os seus esforzos na Khan Academy.

Na actualidade ao sitio web acceden máis de seis millóns de estudantes ao mes. Converteuse nun autentico fenómeno de Internet que xa recibiu tanto o soporte de Google como o apoio financeiro da fundación de Bill Gates (o propio Gates comentou "creo que acaban de enxergar o futuro da educación").

Na Khan Academy hai colgados máis de 3.500 vídeos educativos sobre múltiples temas: matemáticas, física, astronomía, economía, finanzas, infromática, arte ou historia, entre outras materias. Ademais, existen multitude de exercicios dispoñibles para poder practicar a teoría aprendida.

Os vídeos orixinalmente están en inglés, aínda que pretenden ofrecelos con subtítulos no maior número posible de idiomas. No caso do español, hai unha canle en Youtube (Khan Academy - Espanol). A organización busca voluntarios para a tradución a estas e outras linguas.



Iniciar sesión: Acceso
page | by Dr. Radut