Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Bolsas e axudas

Información sobre bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral para o alumnado que cursen estudos na súa comunidade autónoma.

Destinatarios:

  • Alumnado de bacharelato.
  • Alumnado de ciclos formativos de grao medio.
  • Alumnado de ciclos formativos de grao superior.
  • Alumnado universitario.
  • Estudantes dos graos elementais e medios de Música e danza, ciclos formativos de grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño.
  • Alumnado de ensinanzas de Arte Dramática, de Restauración e Conservación de Bens Culturais.
  • Alumnado de estudos superiores de Música e de Danza, de Deseño e de Artes Plásticas.

Como solicitalas:

  • Convócanse no Boletín Oficial do Estado.
  • Adquirir o impreso  a través da web do Ministeriode Educación.
  • Entregar no centro docente no que o alumno/a está matriculado.

Publicación da convocatoria:
3º trimestre de cada ano (con carácter xeral nos meses de xuño ou xullo).

Máis información: Becas e Axudas do Ministerio de Educación.

Bolsas e axudas da Consellería de Educación

Destinatarios: Alumnado que comece estudos universitarios.

Requisitos: Económicos e académicos esixidos na convocatoria.

Publicación da convocatoria:

Con carácter xeral no 1º trimestre de cada ano.

Máis información: Consellería de Educación.

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas posobrigatorias non universitarias e de réxime especial.

Destinatarios:

Alumnado que cursen os as ensinanzas posobrigatorias non universitarias que se indican nos centros que se detallan na convocatoria.
Para poder optar á praza de residencia os aspirantes deberán acreditar a circunstancia de non poder cursar os estudos solicitados por non haber un centro sostido con fondos públicos que imparta os devanditos estudos, ben  na localidade de residencia, ben  nunha localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade. Con carácter particular, e documentalmente acreditado, poderanse ter en conta outras circunstancias, como condicións de orfandade, fillo de emigrantes ou situacións familiares moi graves.

Como solicitalas:

  • Convócanse no Diario Oficial de Galicia.
  • Cubrir o modelo que figura na convocatoria.
  • Entregar directamente no centro residencial docente ou a través das dependencias establecidas na lei 30/1992

Publicación da convocatoria:

No 3º trimestre de cada ano (con carácter xeral no mes de maio).

Máis información: consultar os servizos de residencias nos sitios web das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo.

Bolsas e axudas das universidades

Bolsas da Universidade de Santiago.

Bolsas da Universidade de A Coruña.

Bolsas da Universidade de Vigo.

 

 

 

 



Iniciar sesión: Acceso
page | by Dr. Radut