Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

23 de febreiro Día de Rosalía #oamordapatriagalega #_rdc2024

Dende o EDLG xa “personalizamos” o cartel proposto pola AELG cos nosos logos, e o cancelo #oamordapatriagalega despertará a lectura de versos e  colaboraremos coa exposición de obras plásticas que o alumnado de EPVA está a crear! O alumnado de 3º ESO está a facer un debuxo de Rosalía, e o de 1º da ESO acompañará versos cuns pequenos “libriños”  a modo “pop up”

E o Departamento de Galego colocará na entrada un stand con versos (escritos polo alumnado) e flores que se repartirán entre a comunidade educativa.  O Departamento está tamén  a promover  entrevistas polas rúas do concello sobre os coñecementos que hai ao redor da figura de Rosalía e o seu Día. O EDLG participará na montaxe e proxección desas entrevistas previamente gravadas. Agardamos que todo o previsto saia adiante e vos guste. Coma sempre, grazas pola colaboración!



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut