Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

O IES Plurilingüe Fontexería xa é Centro modelo de educación patrimonial Ponte... nas Ondas!

 

O portal educativo da Xunta publica hoxe a resolución pola que unha vintena de centros de toda Galicia incorporan ás súas aulas o modelo de educación patrimonial Ponte... nas Ondas! recoñecido pola Unesco en 2022. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou a resolución de centros seleccionados nunha convocatoria que espertou o interese de case 40 centros de ensino.

Dende o  EDLG do IES Plurilingüe Fontexería, ao saber da convocatoria, redactamos un proxecto no que se resumían as actividades que levamos a cabo, baseándonos fundamentalmente na colaboración con PNO, e nas nosas publicacións de " As Imaxes do Patrimonio", os "libriños" que preparamos cos traballos do alumnado, e que saen do prelo coincidindo coa Semana Cultural (estamos xa a preparar o número 5). O obxectivo deste proxecto é lograr o compromiso activo de toda a comunidade educativa na transmisión dese Patrimonio Cultural Inmaterial.

O noso Centro ten participado e participa en Plans Proxecta como Donas de Si, 365 Días de respecto e Igualdade ou Quérote +. 

No tocante ao Patrimonio, o departamento de Xeografía e Historia levou a cabo o proxecto "Miña avoa é mariñeira" exposto logo da celebración das Xornadas "Muros mira ao Mar". Asemade participamos no Plambe, temos unha radio que será montada en breve, e temos concedido un Plan de Formación a tal efecto.

No Centro organizamos cada curso Xogos Tradicionais polo Magosto. O EDLG promove dende hai varios anos o Día das Galegas nas letras. Para as edicións adicadas a Belén Feliu (que foi profesora no Fontexería) e a Begoña Caamaño realizamos unhas pequeñas pezas audiovisuais que forman parte do noso persoal PCI. De todas estas actividades hai constancia gráfica na nosa Web, así como na canle de youtoube do EDLG.

Salientamos que a provincia da Coruña conta soamente con dous centros escollidos, e nós somos un deles. Contamos con toda a Comunidade Educativa para seguirmos  a traballar e espallar o Patrimonio Cultural Inmaterial da contorna muradá.

 

Premede na ligazón  para ler a resolución

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41979?fbclid=IwAR0qWoSdOQiTMVPToOrvJVKNITNUjPTiKS3a3cQpvKKxmNtHo0xMJibV-FM



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut