Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Entrega de agasallos III Certame de Video-creación Magostoxería

Como xa anunciabamos nunha anterior entrada, o venres 9 de decembro entregamos os agasallos do certame de vídeos na Biblioteca do Centro. O acto estivo presentado por Javier, Lucas  e máis Noelia, que, xunto a María P. e Chus integraron o xurado.

  • O primeiro premio correspondeu, pola calidade lingüística, a interpretación, a fonética, a dicción e pola magnífica produción, ao ao vídeo ."Castañas Cocidas", de Ismael Caamaño Figueiras , de 1º Bac. 
  • O xurado outorgou o segundo premio, pola orixinalidade e pola calidade das fontes de información a  "Entrevista aos magostos pasados", de Lara Iglesias Caamaño de 2 ESO B
  • E o terceiro premio, ex aequo, foi para  un traballo colectivo con magníficos planos audiovisuais e a outro que incide na transmisión interxeracional. Trátase de “Pesadelo no castiñeiro” das alumnas de 4 ESO Paula, Antía Quintela, Adriana, Teresa, Antía Neira, Lucía e Nuria  e de “O magosto en outra xeración” de Lucía Fernández Franco e Uxía Figueiras Mayo, de 1º BAC 

Parabéns ao alumnado premiado a a todo aquel que participou. Moitas grazas Sorrisotamén ao profesorado que colaborou na actividade .  Se queredes ver as imaxes da entrega de agasallos, premede na ligazón:

 https://youtu.be/5ZxwIFkbgRQ 

 



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut