Skip to Content

Animación á lectura, Recomendámosche

GHUAIDELAI E O DÍA DO LIBRO

25/04/2017 17:30
Europe/Madrid

Algúns dos integrantes do noso Club de Lectura Ghuaidelai decidiron facer algo especial para celebrar o Día do Libro: converterse en contacontos para os máis pequenos e pequenas do colexio Mar de Fóra.

Velaquí as imaxes desta "aventura"...

 

GHUAIDELAI DÍA DO LIBRO 2017 on PhotoPeach

ACTIVIDADES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Durante Maio e Xuño fixemos diversas actividades relacionadas co gallo da celebración do día das letras galegas. Aquí vos deixamos a montaxe.

ACTIVIDADES CO GALLO DO DIA DAS LETRAS GALEGAS

Deixámosvos o calendario de actividades previstas (e algunha xa realizada) co gallo de conmemorar o día das letras galegas deste ano dedicadas a Xosé María Díaz Castro.

EXPOSICIÓN ENTROIDO 2014

Familiares do noso benquerido alumnado:

Se ben non ten a declaración de festa de interés turístico nacional como a Semana Santa non deixa por iso de ser menos importante o Entroido nesta vila; é por isto polo que pretendemos realizar unha exposición sobre este tema. Para isto solicitamos a vosa colaboración xa que precisamos fotografías antigas (e actuais) do Entroido en Fisterra. Por suposto se as fotografías que aportedes están en formato impreso, escanearémolas e devolverémolas ao seu propietario (tede en conta que é para unha exposición polo que as fotografías deber ser axeitadas) No caso de ser utilizada aparecerá o nome de quen nola facilite. Grazas de antemán!

ACTIVIDADES VARIAS...

Como as actividades que se organizan non sempre dependen só de nos, ás veces, pasan estas cousas.... Que se nos amorean!!

NOVIDADES

Á biblioteca do centro seguen a chegar novidades... Aquí mostrámosvos algunhas. Pero hai máis!!

CONCURSO DE RELATO CORTO

Para que... máis palabras....

LER PARA APRENDER

Este é o nome que se decidiu poñer ao club durante este curso. Xa foi a primeira reunión e nela, ademáis do nome, tomáronse outras decisións importantes como que libro é o que se vai ler primeiro. O máis votado foi "Tres metros sobre el cielo" de Federico Moccia. Ah! Por certo, este ano a reunión do club ten lugar os luns ao mediodía. Animámosvos a participar. So tedes que traer ganas e, por suposto, un bocadillo. Se estades interesad@s falade con Chus.

MÁIS VISITAS

Como de ben nacidos e ser agradecidos....

Distribuir contido


by Dr. Radut