Skip to Content

Normalización Lingüística

ACTIVIDADES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Durante Maio e Xuño fixemos diversas actividades relacionadas co gallo da celebración do día das letras galegas. Aquí vos deixamos a montaxe.

ACTIVIDADES CO GALLO DO DIA DAS LETRAS GALEGAS

Deixámosvos o calendario de actividades previstas (e algunha xa realizada) co gallo de conmemorar o día das letras galegas deste ano dedicadas a Xosé María Díaz Castro.

EXPOSICIÓN ENTROIDO 2014

Familiares do noso benquerido alumnado:

Se ben non ten a declaración de festa de interés turístico nacional como a Semana Santa non deixa por iso de ser menos importante o Entroido nesta vila; é por isto polo que pretendemos realizar unha exposición sobre este tema. Para isto solicitamos a vosa colaboración xa que precisamos fotografías antigas (e actuais) do Entroido en Fisterra. Por suposto se as fotografías que aportedes están en formato impreso, escanearémolas e devolverémolas ao seu propietario (tede en conta que é para unha exposición polo que as fotografías deber ser axeitadas) No caso de ser utilizada aparecerá o nome de quen nola facilite. Grazas de antemán!

REVISTA CURSO 2012-2013

Por se acaso perdéstedes a revista do centro sen querer e desexades botarlle de novo un vistazo... ou por se alguén da vosa familia quere vela e se atopa lonxe... Para todos, colgamos AQUÍ a revista. A nosa idea era "incrustala" para que se vira directamente como outras veces... pero problemas técnicos impídenos facer isto; así que premede alí onde pon aquí! Sorriso Que lío!

IES FIN DO CAMIÑO, O "LIP DUB"

 

Aquí está o "lip dub" do IES Fin do Camiño, realizado en xuño de 2013 coa colaboración de toda a comunidade educativa, sendo unha iniciativa do equipo de normalización lingüística do centro.

DESCUBRINDO O NOSO CONCELLO

O concello de Fisterra é sorprendente pola súa xeoloxía pero tamén polo seu patrimonio etnográfico, histórico, arqueolóxico e inmaterial. Ninguén mellor que os Fisterráns para nos axudar a recompilar por escrito e en imaxes esta gran riqueza do concello. Colabora escribindo un texto curto con ou sen imaxes sobre algún elemento desta riqueza que queiras compartir con todos. Aquí vos deixamos algunhas ideas; ollade as bases do concurso.

CONCURSO GASTRONÓMICO

Das receitas de  antroido. Para máis información clicar aquí.

CONCURSO DE HISTORIAS DE AMOR EN GALEGO

Con motivo da celebración do día dos namorados o departamento de dinamización da lingua galega convoca un concurso de historias de amor en galego.
Para máis información clicar aqui.

Distribuir contido


by Dr. Radut