Skip to Content

Acto de fin de curso

 

Un ano máis e para dar por rematado o curso, o mesmo día de entrega de notas fíxose o acto de clausura no que o protagonismo principal o ten o alumnado de 4º de ESO que remata a súa andaina polo centro. Este ano ademáis para cumprimentalos houbo varias actuacións: o alumnado de 2º cantou a canción “Chea de vida” de Guadi Galego, o de 3º tocou á frauta “Demons” de Imagine Dragons e cantou “Compañeira” de Fuxan os Ventos, unha mestura de 2º e 3º cantaron a obra “Teach me the blues” mostrándonos o aprendido no taller de Blues que realizaron durante o curso e por último un grupiño de profesorado/alumnado interpretaron “Winds of Change” de Scorpions e “Shallow” da banda sonora orixinal da película de “A star is born”. Isto en canto ao musical, claro. Tamén houbo algún que outro pequeno discurso: a directora do centro, a delegada de 4º Curso e a titora destes. Pero o máis emotivo, sen dúbida, foi o visionado da tradicional montaxe que se realiza do “periplo” do alumnado polo centro coa súa evolución dende infantil ata hoxe e os saúdos dalgún profesorado que lles deu clase. Algunha bágoa escapóusenos. Temos o noso corazonciño.

Algunha foto máis...

AdxuntoTamaño
DSC00959.JPG110.01 KB


blog | by Dr. Radut