Skip to Content

Publicación das listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.3 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 15.2 desta Orde de convocatoria.

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse no seguinte enlace á web da convocatoria: axudasle


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao escritor ourensán Carlos Casares (1941-2002), novelista, ensaísta e colaborador habitual en La Voz de Galicia, coa súa columna Á marxe.

Dende a biblioteca tentamos dar a coñecer a súa figura elaborando un tríptico sobre el e a súa obra, que está colgado nos taboleiros de todas as aulas. Ademais, o grupo dos "maiores" do noso club de lectura asistirá mañá á unha adaptación teatral da súa novela Os mortos daquel verán, no Salón Teatro en Santiago, coproducida polo Centro Dramático Galego e Talía Teatro.

 

 

Para conmemorar o Día Meteorolóxico Mundial, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático convoca o concurso de fotografía Entendendo as nubes.

Instrucións polo que respecta ao noso centro:

  • Obra: fotografías de nubes en formato dixital sen retocar (valorarase a orixinalidade, excepcionalidade e valor artístico).

  • Dirixido a: alumnos do IES Fin do Camiño.

  • Premios: diploma acreditativo e cámara fotográfica ou prismáticos (para @s gañador@s do concurso global a nivel Galego).

  • Data límite: venres, 12 de maio de 2017.

Se desexas máis información segue este enlace a resolución publicada no DOG.

Se tes interese en presentarte, fala con Bertalan.


 Cartel AFPEste curso para celebrar o Día do Libro decidimos homenaxear a un dos autores máis lidos entre o noso alumnado, falecido o pasado verán:

 
 
 
 

 

 

 
Elaboramos un cartel e un tríptico, e convocamos un concurso con preguntas sobre a súa obra.

 

 

 

 

Animádevos a participar, que haberá premios!!.


Algúns dos integrantes do noso Club de Lectura Ghuaidelai decidiron facer algo especial para celebrar o Día do Libro: converterse en contacontos para os máis pequenos e pequenas do colexio Mar de Fóra.

Velaquí as imaxes desta "aventura"...

 

GHUAIDELAI DÍA DO LIBRO 2017 on PhotoPeach


Nota informativa do 21 de abril: Publicación das listaxes de admitidos e excluídos.
Ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias. 

Máis información en axudasle.
 
Achegamos listaxes:


NavegaConRumbo2017O venres, como culminación das actividades da segunda avaliación e antes de iniciar unhas merecidas vacacións de Semana Santa, visitounos o compañeiro de Navega con Rumbo, Roberto Vieito Raña, para dar unha animadísima charla ao noso alumnado do primeiro ciclo da ESO.

A presentación versou sobre a seguridade en redeou os perigos agochados e como evitalos e as boas maneiras —ou o respecto que todos debemos aos outros cibernautas— amosando ambos lados do problema: cando o perigo está na rede e cando o perigo é o propio usuario da rede. 

Un momento simpaticamente didáctico aconteceu cando, en referencia ás mensaxes e comentarios de ortografía distraída que abundan na rede, o relator con finxida desgana advertiu “E... por favor, coidade a ortografía, ...que iso o pode ler todo o mundo”. 

Adxunto unha ligazón a Navega con Rumbo

 https://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html

onde podedes completar información e baixar guías de navegación para nais, pais, estudantes e docentes.

Despois do comentado, espero non ter engrosado as filas dos perpetradores ortográficos...

 



by Dr. Radut