Skip to Content

Foto X1

Este sábado estivemos xogando en Ponteceso. Despois uns agasallos, merenda, unhas acrobacias e...

de volta a Fisterra.

VER IMAXES


O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Cremos que é un bo momento para familiarizarse coa nosa biblioteca. Por iso elaboramos unha guía de usuarios e un titorial para consultar o catálogo de fondos que podedes atopar no seguinte enlace ao noso blog Biblioestremonías.

Esperamos que vos sexan útiles!!


Un ano máis, e xa van sete!!, o Equipo de biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua convocan o VII Certame de relatos de terror Samaín
Podedes consultar as bases aquí ou nos taboleiros de cada unha das aulas.
Este ano introducimos unha novidade: os relatos virán acompañados dunha imaxe de creación propia (debuxo, fotografía...) relacionada co tema.

Animádevos a participar!! Haberá premios!!

 
 
 

Necesitas algún motivo para poñerte a ler? Presentámosche varios da man de escritores e escritoras como Agustín Fernández Paz, Rosa Montero, Pep Bruno...

Podes velos no seguinte enlace ao noso blog Biblioestremonías.

 


Lémbrase que o venres 8 de setembro o Centro estará pechado por ser festivo local no Concello de Fisterra.


 

INICIO DAS CLASES NO CURSO 2017/2018

 

 

DÍA 15 DE SETEMBRO

 

 

 


Horas

Actividades previstas

12:00 h

Chegada do autobús co alumnado

12:05 h

Presentación de cada titor/a co seu grupo e reparto de horarios.

12:45 h

Saída do alumnado no autobús

 

 

DÍA 18 DE SETEMBRO

 

O alumnado acudirá á clase que lle corresponda segundo o

seu horario con bolígrafo e papel.

 


 

 

 

  • DÍA 1 E 4 DE SETEMBRO

    Realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2016/2017, atendendo ó calendario de exames de setembro que  aparece na páxina web do centro.

 

  • DÍA 6 DE SETEMBRO

    Entrega dos boletíns de  cualificacións por cada titor/a ás 11:00 horas na aula de cada grupo.     

  • Nota:(Lémbrase que non hai transporte escolar)

 



by Dr. Radut