Skip to Content

ObradoiroGALP

O mércores pasado tivo lugar na biblioteca un dos varios obradoiros do GALP (Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible) programados para o alumnado de 2º da ESO. Nesta ocasión foi María a encargada de levar a cabo un obradoiro-debate moi animado e participativo.


RachemosAsCadeas

Este é o lema co que participamos o venres, xunto cos outros centros educativos do pobo, no acto convocado polo Concello de Fisterra con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. África, Elisa, Mario e Zaira leron un manifesto e todo o alumnado do centro rachou unha enorme cadea que simbolizaba calquera xeito de violencia contra as mulleres: discriminación, abusos, desigualdade...

Velaquí están as imaxes do acto e unha montaxe audiovisual protagonizada por alumnado do centro que esperemos que nos faga reflexionar.

Ver montaxe audiovisual.

Ver imaxes e reportaxe audiovisual do acto.


Navega con Rumbo 2018

Hoxe, mércores 21 de novembro, visitounos o compañeiro de Navega con Rumbo, Adrián Brañas Castro, para dar unha animadísima charla ao noso alumnado do primeiro ciclo da ESO.

A presentación, entre argumentos e indicacións, pivotou sobre dúas cuestións: a seguridade en rede ou os perigos agochados e como evitalos; e as boas maneiras ou o respecto que como usuarios da rede debemos aos outros cibernautas.

Seguindo esta ligazón a Navega con Rumbo podedes completar información e baixar guías de navegación para nais, pais, estudantes e docentes.


Hoxe celébrase o Día Universal do Neno, data do aniversario da Declaración Universal dos Dereitos do Neno en 1959. Para recordalos, recuperamos un vídeo realizado por algúns membros do club de lectura o curso pasado e, como non podía ser doutro xeito, recomendamos a lectura dun libro: Os dereitos da infancia.

Ver vídeo.


Frederico

O martes 30 de outubro, véspera do Samaín, gozamos de arrepiantes lecturas acompañados por Frederico, o noso alumno máis vello que estivo de visita procedente do máis aló (concretamente do Laboratorio, que está seis salas máis aló da Biblioteca).

Ver imaxes

Ver vídeo


DiKNon2018

O martes pasado recibimos na biblioteca unha visita moi especial, organizada polo Departamento de Orientación: un grupo de internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro. Despois de agasallarnos cunha representación teatral, compartiron con nós as súas experiencias nun encontro moi emotivo. Esta iniciativa foi premiada este ano pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, dada a súa valiosa labor na prevención de drogodependencias entre os adolescentes. O próximo mércores será o alumnado de 3º e 4º quen os visite en Teixeiro.


DiaBiblioteca2018

O mércores 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. E que mellor xeito de sumarnos a esta conmemoración que dando a coñecer a do noso centro? Por iso, unha representación de todos os grupos do noso club de lectura puxo voz a unha guía na que se explica que podemos facer nela, o material que alí se atopa, como está colocado, o funcionamento do servizo de préstamo... 

Velaquí o noso traballo!! Esperamos que vos guste!!

Ver vídeo



by Dr. Radut