No DOG do día 19 de maio de 2023 publícase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
O IES Fin do Camiño está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), polo tanto, o alumnado está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.
Prazo: remata o 21 de xuño de 2023 (incluído)
Presentación:
-Forma presencial no centro educativo cos impresos ( anexo I;e II) que entregaremos ao alumnado en papel a vindeira semana
-Vía electrónica,na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo 1.pdf | 1.61 MB |
anexo 2.pdf | 990.25 KB |