Skip to Content

Para concienciarnos o 8 de Xuño, día dos océanos, fixemos unha limpeza na praia de Langosteira. Limpeza que, simultaneamente realizaron noutros puntos do noso litoral centros de ensino, escolas de surf, ONG ecoloxistas, asociacións culturais... Vamos; que intentamos aportar o noso gran de area!!


Como de ben nacidos e ser agradecidos....


Para celebrar o día do libro nada mellor que recomendarnos lecturas a nós mesmos. Todos os integrantes do centro participamos nesta actividade e fixemos unha exposición que titulamos "Unha boa marea... de lecturas". Tamén organizamos un concurso con pequenos fragmentos, entre outros, desa marea.

 


A semana pasada as integrantes do Club de Lectura fumos á Coruña (xunto cos nosos compañeiros de cuarto) a "devolverlle" a visita que nos realizaran con anterioridade o club de lectura co que estamos hermanados do IES Monte das Moas. As imaxes correspóndense á visita ao noso centro.

 



by Dr. Radut