Skip to Content

Por si se nos pon a chover e non sabemos moi ben que facer... Aí van máis recomendacións...


Como as vacacións e a lectura non están rifadas... Deixámosvos un enlace sobre o libro que escolleron os integrantes do club GHUAIDELAI para as próximas sesións... A pasalo ben!!


Cun pouco de retraso pero... aí vai a montaxe que fixemos...


PROCEDEMENTO ORDINARIO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2014/15

Normativa aplicable:

  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado (DOG do 26/12/2012)
  • Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a a admisión do alumnado (DOG 15/03/2013)
  • Postos Escolares ofertados:

ENSINANZA

Postos Escolares

Vacantes

1º ESO

60

40

2º ESO

60

31

3º ESO

60

27

4º ESO

60

43

  • Calendario do proceso:

ACLARACIÓNS: o alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro, pero se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunícalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

  • Presentación das solicitudes de admisión: 1 ao 20 de marzo (ESO + BAC)

( Para o alumnado novo, ou dun centro non adscrito )

1) Documentación:

a. Anexo II

b. DNI do alumno/a

C. Certificado de matrícula do curso actual

  1. Publicación do listado de ensinanzas nas que hai máis demanda que vacantes ofertadas, e polo tanto hai que baremar: 24 de marzo.
  2. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 25 de marzo ao 7 de abril (soamente si houbera máis solicitantes que postos escolares vacantes)
  3. Publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos: 24 de abril
  4. Reclamación ás listas provisionais de admitidos e non admitidos: do 25 de abril ao 12 de maio
  5. Publicación das listas defintivas de admitidos e non admitidos: 14 de maio
  6. Matrícula ordinaria na ESO e Bacharelato: 25 de xuño ao 10 de xullo
  7. Matrícula extraordinaria na ESO e Bacharelato: 1 de setembro ao 10 de setembro

 


Este é o título do libro que comezamos a ler para a próxima sesión do noso club de lectura GHUAIDELAI. Podemos saber de que vai botándolle un ollo ao enlace da editorial que o publica (non recomendo mirar outros porque descubre toda a historia). Para a proxima xuntanza (que terá lugar probablemente o día 10 de Marzo) teremos que ter lido ata o capítulo sexto incluído. A ver se nos gusta!!


Aquí tedes a proposta do IES Fin do Camiño para o festival de entroido, elaborado polos delegados e delegadas das clases. Agardamos pasalo ben o venres día 28!

 

 


by Dr. Radut