Lingua castelá

NOTAS PENDENTES 2009

 

Xa tedes no apartado de "Pendentes" desta páxina web do Departamento de Lingua Castelá e Literatura as notas definitivas de pendentes deste curso 2009-2010, e recordade que a revisión de exames será o xoves 13 no recreo. Se non podedes nesa data, falade co xefe de departamento (Emilio).

Notas finais de pendentes

Xa están á vosa disposición as notas finais de pendentes deste curso 2008-09 tanto nesta páxina web como no taboleiro do instituto.

Semana Cultural 2009

O departamento de lingua castelá colaborou activamente na IX Semana Cultural que acaba de ter lugar no noso instituto neste mes de abril.

 

A primeira das actividades foi o obradoiro "Rómpete la cabeza" destinado aos cursos de 2º, 3º e 4º de ESO e consistente nun traballo en grupos cunha duración dunha sesión de clase no que os alumnos se divertiron tratando de resolver xogos de inxenio lingüístico: lipogramas, palíndromos, palabras preñadas, peomas, jitanjáforas, etc.

 

A segunda foi a exposición na biblioteca dos caligramas feitos por alumnos de 4º de ESO e 1º de bacharelato no obradoiro levado a cabo na semana cultural do curso pasado.

 

Caligramas 1Caligramas 2

 

O colofón da nosa partipación consitiu nunha conferencia sobre o Quixote a cargo da profesora e escritora Ánxeles Penas, quen acercou a alumnos de 1º de bacharelato unha visión distinta da obra de Cervantes.

 

             Quijote        

 

Actividades extraescolares

Excursión teatral 2ª parte.

O 12 de febreiro volvemos visitar o IES Cruceiro Baleares de Culleredo para ver outra obra de teatro. Esta vez tocou "El sí de las niñas" de Leandro Fernández de Moratín e para alumnos de 3º de ESO e de diversificación curricular.

 

 

 

Notas de pendentes

Acabamos de publicar as notas do primeiro parcial da materia e dos traballos de Nadal dos alumnos coa asignatura de lingua castelá e literatura pendente do ano anterior. Curso 2008-09.
Distribuir contido