Instalacións

A aula específica de música e onde se imparte a materia na maior parte das ocasións. Atópase no edificio nº 2 do instituto, no primeiro piso. Conta con diverso material audiovisual, como televisor, dvd e cadea de música con radio-cassette, lector de cd. Esta úsase para facer exercicios de audición de obras ou acompañar aos alumnos no canto, na práctica instrumental ou na danza.
Tamén dispón dunha colección bastante ampla de ibras de música antiga e clásica, e tamén doutros estilos musicais, así como grabacións en vídeo e dvd de ballets, óperas, concertos,etc.. Conta tamén con libros de consulta e texto que se complementan con outros materiais disponibles na biblioteca do centro.
Conta tamén cun piano eléctrico, guitarra, frautas e un gran número de instrumentos de percusión( debido a que antes se dispoñía doutra aula de música adicional noutro edificio e agrupáronse nunha) entre os que hai instrumentos de placa de método Orff (xilófonos, metalófonos e carillóns) así como de pequena percusión (maracas, triángulos, cascabeis, caixa chinesa...) e parche ( pandeiros, pandeiretas e tambores escolares).
O instrumental Orff é común a todos os institutos de Galicia. Axuda desenvolver aspectos musicais ademais de ser base do desenvolvemento persoal, axudando ao alumnado a ser autónomo e responsable do seu traballo individual, así como de apoiar a súa capacidade de traballo colectivo.
Podes pinchar nas imaxes para amplialas:

Aula de Música 1 Aula de Música 2 Aula de Música 3 Aula de Música 4