Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

C.M. Xestión Administrativa

Que título se obtén ao rematar este ciclo?   Técnico en Xestión Administrativa. (Decreto 191/2010)

 Cales son as súas vantaxes  académicas?  Validas a parte específica das probas de acceso a ciclos superiores, e  Podes matricularte en calquera modalidade de bacharelato (alumnado que accedeu ao ciclo mediante proba, por non ter o título de educación secundaria).

 Cales son as súas vantaxes profesionais?

Adquires coñecementos que che permitirán constituír e xestionar a túa propia empresa.

Estes profesionais son imprescindibles en todas as empresas realizando tarefas de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal; así como, de atención á clientela.

Poderás traballar coma auxiliar administrativo en: Bancos. Departamentos administrativos de todo tipo de empresas, Asesorías e Xestorías, Empresas de seguros, A Administración Pública:  Xunta de Galicia, Concello, …

Primeiro curso

     

    Segundo curso          

      

Inglés:

Inglés enfocado o mundo laboral

140 horas

Comunicación empresarial e atención á clientela

Técnicas de comunicación oral e escrita na empresa e no trato coa clientela. Atención a clientela e servizo posvenda

 213 horas

Operacións administrativas de compravenda:

Xestión de almacén e confección de documentos relacionados coas compras e as vendas

140 horas

 Empresa e administración:

Estudo das obrigas fiscais da empresa e da relación cos organismos públicos.

 213 horas

Tratamento informático da información:

Mecanografía, paquete Office e multimedia.

122 horas

 Operacións administrativas de recursos humanos:

Proceso de selección de persoal, contrato de traballo, nóminas e seguros sociais.

 107 horas

Técnica contable:

Contabilización dos feitos económicos básicos da empresa e xestión administrativa de tesourería

105 horas  Tratamento da documentación contable:
Estudo da documentación soporte dos feitos contables. Contabilización informatizada
 187 horas

Operacións auxiliares de xestión de tesourería:

Estudo dos principais organismos finacieros e dos distintos procesos deste ámbito que interveñen na empresa.

70 horas

 Empresa na aula:

Simulación da actividade administrativa dunha empresa integrando todos os coñecementos adquiridos.

 133 horas

Formación e orientación laboral

 

53 horas

 Formación en centros de traballo

 

 384 horas