Abriuse o prazo de presentación de solicitudes para participar no Fondo de libros e Axudas de material escolar
O 19 de maio de 2023 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.
Está aberto o prazo para participar no “Fondo solidario de libros de texto” e nas “Axudas para adquirir material escolar”.
Formas de presentación:
- De forma presencial no instituto.
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B.
O prazo de tramitación da solicitude remata o 21 de xuño de 2023.
O alumnado que teña libros en préstamo o presente curso, 2022/23, deberá devolvelos ao centro con data tope o 21 de xuño para non ser penalizado.