Alumnado admitido curso 23-24 (novidades)
Nos taboleiros do centro foron publicadas as relacións de alumnado admitido ao IES de Rodeira para o curso 2023-24 para os diferentes cursos e niveis educativos.
Curso e nivel | Alumnado admitido |
1º ESO | Todo o alumnado foi admitido |
2º ESO | Todo o alumnado foi admitido |
3º ESO | Todo o alumnado foi admitido |
4º ESO | Todo o alumnado foi admitido |
1º Bacharelato - Ciencias e Tecnoloxía | Precísase baremar |
1º Bacharelato - Humanidades e CS | Todo o alumnado foi admitido |
2º Bacharelato - Ciencias e Tecnoloxía | Precísase baremar |
2º Bacharelato - Humanidades e CS | Todo o alumnado foi admitido |
Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles en 1º Bacharelato e 2º Bacharelato do itinerario de Ciencias e Tecnoloxía, para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2023/2024 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan.
Nos niveis que é preciso baremar, dispoñen de 10 días hábiles desde hoxe 21 de marzo para entregar a documentación necesaria dos méritos alegados.