Día Mundial da Poesía
Enviado por vicedireccion o Lun, 20/03/2023 - 16:04
18/03/2023 11:00
Europe/Madrid
Co gallo do Día Mundial da Poesía o sábado 18 de marzo, entre as 11 da mañá e as 14 horas, estiveron presentes na libraría Wells de Cangas a profesora de Lingua Castelá Diana Almeida e a prestixiosa tradutora Béatrice Pepin para rematar a campaña de "animación á leitura e escritura poética e a súa difusión" que levou a cabo Diana.
Durante este evento, foron expostos e difundidos nun tríptico os poemas do obradoiro colectivo de poesía do IES de Rodeira impartido pola profesora Diana Almeida, do cal o alumnado de 1º de ESO participou activamente.