Alumnado Dinamización Lingüística. Camiño Portugués - Santiago
Enviado por vicedireccion o Mér, 15/03/2023 - 13:10
12/04/2023 09:20
13/04/2023 20:30
Europe/Madrid
O alumnado de Dinamización Lingüística realizará un tramo do Camiño Portugués para realizar un videoblog de difusión en galego.
Sairán o mércores 12 de abril do IES de Rodeira en autobús ás 9:20 h. até Padrón, onde comezarán o Camiño. Pernoctarán en Milladoiro para ao día seguinte continuar a Santiago. Visitarán a Praza do Obradoiro e a Catedral. Regresarán en tren o 13 de abril.