Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Alumnado admitido no período de reserva

Informamos que todo o alumnado dos centros adscritos que solicitaron praza para 1º ESO no IES de Rodeira para o curso 2023-2024 foi admitido.

Así mesmo, todo o alumnado que solicitou praza para 1º de Bacharelato dos centros adscritos foi admitido no itinerario solicitado.

Nos taboleiros do instituto publicaranse os listados co alumnado admitido.

Nos próximos días publicaremos as vacantes por nivel e curso que hai no IES de Rodeira para o 2023-2024. Lembramos que aquelas familias que desexen matricular os seus fillos no período de admisión deberán renunciar de forma expresa por escrito á praza reservada, xa que este é un requisito para solicitar a admisión.