Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Axudas para libros de texto e material escolar

Información sobre a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Hoxe 22 de maio saiu publicada no DOG a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18

O prazo será do 23 de maio ao 23 de xuño de 2017 na secretaría do centro, onde se poderán recoller os impresos de solicitude.

Pódese atopar toda a información na web da consellería no seguinte enlace, onde tamén se poderá descargar o impreso:

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros