Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Resultados do orzamento participativo

Co obxectivo de profundizar na participación da comunidade educativa nas decisións do centro, a comisión económica propuxo ao Consello Escolar, quen o ratificou e aprobou para este 2024, consultar os diferentes sectores as propostas para mantemento e renovación máis interesantes e relevantes para acometer.

As respostas eran múltiples, polo que o total pode ser superior ao 100%. Os resultados foron:

 

Neste sentido, vaise procurar priorizar as actuacións relativas a:

  • Renovación de aseos (por fases).
  • Fío musical (substituír por timbre).
  • Marquesina na entrada do centro.
  • Espazo de relaxación para o alumnado.