Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Adxudicación provisional das prazas do transporte escolar

Realizouse a adxudicación provisional de prazas do transporte escolar ao alumnado de secundaria.

 As solicitudes tramitadas para as liñas U1 (Avda. de Lugo - Castrillón) e U3 (San Blas - Dona María) foron admitidas todas por haber prazas dispoñibles nos autobuses.

As solicitudes para a liña U2 (Anuska - Pedra Alta) tiveron que ser baremadas por sobrepasar o número de prazas dispoñibles, seguindo os criterios correspondentes ás instruccións da Consellería de Educación.

Para o cálculo da distancia tívose en conta a dirección que figura na matrícula do alumnado. De haber cambios de domicilio deben comunicalo ao centro, xunto co certificado de empadronamento, antes do luns 17 de xullo para realizar a adxudicación definitiva.

Poden consultar a resolución provisional de solicitudes admitidas no centro en horario de 9:00 a 14:00 h.