Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Alumnado admitido curso 23-24 (novidades)

Nos taboleiros do centro foron publicadas as relacións de alumnado admitido ao IES de Rodeira para o curso 2023-24 para os diferentes cursos e niveis educativos.

Curso e nivel Alumnado admitido
1º ESO Todo o alumnado foi admitido
2º ESO Todo o alumnado foi admitido
3º ESO Todo o alumnado foi admitido
4º ESO Todo o alumnado foi admitido
1º Bacharelato - Ciencias e Tecnoloxía Precísase baremar
1º Bacharelato - Humanidades e CS Todo o alumnado foi admitido
2º Bacharelato - Ciencias e Tecnoloxía Precísase baremar
2º Bacharelato - Humanidades e CS Todo o alumnado foi admitido

Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles en 1º Bacharelato e 2º Bacharelato do itinerario de Ciencias e Tecnoloxía, para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2023/2024 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan.

Nos niveis que é preciso baremar, dispoñen de 10 días hábiles desde hoxe 21 de marzo para entregar a documentación necesaria dos méritos alegados.