LECTURA 3ª AVALIACIÓN: CANTARES GALLEGOS
A lectura obrigatoria da 3ª avaliación é Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Para o exame, non teredes que ler todos os poemas que aparecen no libro (aínda que se alguén o fai, tamén se valorará positivamente). As lecturas obrigatorias de Cantares gallegos son:
-a dedicatoria a Fernán Caballero
-o prólogo da propia Rosalía de Castro
-os poemas que comezan polos versos:
-.Has de cantar
-.Nasín cando as prantas nasen
-.Cantan os galos pra o día
-.Un repoludo gaiteiro
-.Campanas de Bastavales
-.San Antonio bendito
-.Adiós, ríos; adiós, fontes
-.Airiños, airiños aires
-.Castellana de Castilla
-.Castellanos de Castilla
-.A gaita gallega (resposta ao eminente poeta D. Ventura Ruiz de Aguilera)
-.Vente, rapasa
-.Cando a luniña aparece
-.Eu cantar, cantar, cantéi
Ademais, deberedes aprender de memoria un deses poemas (ou algunhas das súas estrofas).
Podedes atopar o poemario nos seguintes enlaces.
1.-Edición facsimilar de Cantares gallegos (Consello da Cultura Galega)
2.-Cantares gallegos (Biblioteca Virtual Galega)
Tamén podedes escoitar algúns destes poemas na páxina Son de poetas ou en Rapoemas.
Vídeo sobre a figura de Rosalía de Castro
Poemas para escoitar