No seguinte enlace están as actividades relacionadas coa semana da orienteación, o calendario ainda non está pechado de todo.
Feliz Nadal e ata o día 11
O Equipo directivo do IES Carlos Casares deséxavos a toda a Comunidade Educativa un Feliz Nadal e un 2021 moito máis tranquilo e proveitoso que o anterior.
Lembramos ademais que a volta ás clases será o luns 11 de xaneiro (o día 8 é un dos días non lectivos escollido polo centro).
Volve o voluntariado da Biblioteca María Varela
Dende o luns reabrimos servizo de voluntariado na Biblioteca María Varela
- Cando queiras pedir un libro faino por mail a biblioteca.casaresviana@gmail.com e ven recollelo no segundo recreo.
- Cando queiras devolvelo, faino no primeiro recreo.
Entre tod@s podemos facer do IES un lugar seguro.
Convocada solucitude de participación na distribución de máscaras para o alumnado de ESO (DOGA 13 novembro 2020)
- Será directamente beneficiario o alumnado que tivese concedidaa axuda de material escolar.
- Deberá solicitar a participación no centro o resto do alumnado se pertence a familias cunha renda per capita igual ou inferior a 6000 euros (renda do ano 2018).
Prazo de solicitude ata o 27 de novembro de 2020
Puntos de acceso para os diferentes grupos da comunidade educativa
1.-A entrada principal ao instituto. Resérvase para o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, FP Básica, Ciclo Formativo e That´s English. Tamén se reserva para visitas, sempre con cita previa, incluídas as familias e os provedores distintos aos de cociña.
2.-A entrada que da acceso aos soportais, aula de Tecnoloxía e Pavillón. Resérvase para o persoal do centro e para a entrada do alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO e FP Básica, á volta dos recreos.
3.-Na planta baixa, é a que da acceso a zona deportiva exterior. Resérvase para o alumnado de Bacharelato e 4º ESO.
4.-A entrada exterior á cociña. Resérvase para o persoal de cociña e os provedores relacionados.
5.-A porta exterior do comedor. Resérvase para a saída única de todo o alumnado despois de comer.
Devolución importe das saídas 2019-2020
O prazo para solicitar as devolucións do importe das saídas didácticas non realizadas o curso pasado está aberto ata o vindeiro 13 de novembro. A partires desa data, os importes correspondentes servirán de bonos desconto para futuras actividades a realiza
CM DE ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA, OFERTA 2020-2021
Tres módulos onde se traballarán competencias directamente relacionadas co CM Dual de Coidados Auxiliares de Enfermería.
Pola seguridade de todos
#cóidate e #coida
#Máscara
#LavaAsMans
#DistanciaSocial 1,5 m
#ConFebreOuTosQuedaNaCasa