Skip to Content

Actividades

CLUB CIENCIAS: RUTA MICOLÓXICA BACHARELATO

21/09/2022 16:30
21/09/2022 19:30

O noso alumnado de Bacharelato do Club de Ciencias inaugurou as actividades do curso 22-23 cunha ruta micolóxica pola Serra da Capelada. Aproveitando o comezo da tempada, puido coñecer algúns dos cogomelos máis característicos da nosa zona.

                

                

                                                 

VISITA DA COMISIÓN AVALIADORA DO PROXECTO DE XEOPARQUE CABO ORTEGAL

06/09/2022 18:22

A semana pasada, dentro da avaliación do Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal por parte da Unesco, o centro recibiu a visita da comisión avaliadora encabezada por Chris Woodley-Stewart e César Alejandro Goso xunto có alcalde de Cariño, para coñecer o proxecto europeo Erasmus+`'Embajadores del Geoparque Cabo Ortegal' que o centro está a desenvolver e que foi deseñado polo Equipo Erasmus+ do mesmo.

As profesoras Elisa Álvarez e Beatriz Otero comentaron en que consiste esta iniciativa, enfocada no coñecemento e na divulgación da riqueza xeolóxica da zona, pero tamén na preservación da cultura. Cinco das alumnas participantes, Natalia Colorado, Laura Iglesias, Ainoa Villar, Mónica Rodríguez e Carme Pita falaron cos avaliadores sobre o traballo que se está facendo no instituto e ensináronlles dúas pezas audiovisuais producidas pola rapazada, unha en clave de humor e outra cun argumento máis profundo no que enfía o alzheimer coa pervivencia da tradición oral e musical.

Esperamos ter contribuido positivamente na avaliación do Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal e desexamos que este territorio acade o recoñecemento de Xeoparque da Unesco.

            

            

 

MOBILIDADE ERASMUS+ CROACIA

13/06/2022 14:02

Antía Gonçalves e Sara Filgueira participan na primeira mobilidade do noso proxecto Erasmus+ para realizar o curso 'Educate-reduce climate change impact and save the environment' en Split (Croacia). O curso desenvólvese desde o luns 13 de xuño ata o venres 17 de xuño.

Actividade financiada pola Unión Europea.

          

                

PUBLICACIÓN DE POSTS NAS REDES SOCIAIS

28/05/2022 18:41

O Equipo Erasmus+ do centro pide ao alumnado a súa participación publicando un post nas redes sociais no que amosen algo da sú contorna do que queiran presumir: paisaxe, natureza, gastronomía, cultura,... Poden envíar unha foto, un vídeo ou un reel cunha pequena explicación en galego.

1ºBAC RUTA PRAIA AREAS NEGRAS

29/04/2022 08:30
29/04/2022 14:00

O venres 29 de maio de 08:30 a 14:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta á Praia de Areas Negras de Teixidelo.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do instituto.

                    

CONCURSO DE LOGOTIPOS 'EMBAIXADORES DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL'

20/12/2021 20:28

 equipo Erasmus+ do centro organiza un concurso para escoller o logotipo que será a imaxe do proxecto europeo Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal. En dito concurso pode participar todo o alumnado do centro.

 

AQUÍ ESTÁN OS LOGOS FINALISTAS...

O LOGO GAÑADOR DARASE A COÑECER PROXIMAMENTE NAS REDES SOCIAIS

 

   

 

XA TEMOS LOGO GAÑADOR!! NORABOA MÓNICA!!

    

Distribuir contido


by Dr. Radut