Skip to Content

Curso 2022-2023

CONSTRUCIÓN DE ESCULTURAS DE MADEIRA

20/10/2022 16:00
20/10/2022 20:00

O alumnado de 1º bacharelato estivo traballando con Alfonso na construción de esculturas de madeira, unha actividade de concienciación medioambiental dentro do proxecto Erasmus+ e do Club de Ciencias do centro.

            

            

FORMACIÓN EMBAIXADORES BACHARELATO

18/10/2022 16:00
18/10/2022 20:00

O equipo Erasmus+ do centro organiza unha ruta para coñecer algúns dos aspectos xeolóxicos máis destacados da nosa contorna o 18-10-22 de 16:00 a 20:00 h. Grazas as fantásticas explicacións de Fran Canosa, os nosos embaixadores de 1º e 2º de Bacharelato formáronse para coñecer e poder divulgar as singularidades xeolóxicas da nosa zona.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias e o equipo Proxecto Erasmus+ "Embaixadores do Xeoparque do Cabo Ortegal".

               

               

               

3º e 4º ESO SESIÓN DE INICIACIÓN AO ATLETISMO

13/10/2022 10:10
13/10/2022 11:20

O alumnado de 3º e 4º de ESO ten unha sesión de iniciación ao atletismo a cargo de Paula Mayobre o xoves 13-10-22 de 10:10 a 11:00 horas.

 

A actividade está organizada polo Concello de Cariño en colaboración co IES Cabo Ortegal.

 

1º e 2º ESO SESIÓN DE INICIACIÓN AO ATLETISMO

13/10/2022 09:20
13/10/2022 10:10

O alumnado de 1º E 2º de ESO ten unha sesión de iniciación ao atletismo a cargo de Paula Mayobre o xoves 13-10-22 de 09:20 a 10:10 horas.

 

A actividade está organizada polo Concello de Cariño en colaboración co IES Cabo Ortegal.

 

1º BAC SESIÓN DE INICIACIÓN AO ATLETISMO

13/10/2022 08:30
13/10/2022 09:20

O alumnado de 1º de BAC ten unha sesión de iniciación ao atletismo a cargo de Paula Mayobre o xoves 13-10-22 de 08:30 a 09:20 horas.

 

A actividade está organizada polo Concello de Cariño en colaboración co IES Cabo Ortegal.

TODOS FESTIVAL DE NADAL 22

22/12/2022 08:30
22/12/2022 14:00

Todo o centro participa no festival de Nadal que terá lugar no Auditorio de Cariño de 10:15 a 12:15 horas.

Unha vez rematado voltaremos ao instituto onde nos esperan o chocolate con churros.

E así comezamos as vacacións de Nadal.

FELICES FESTAS!!!

CLUB CIENCIAS: RUTA MICOLÓXICA BACHARELATO

21/09/2022 16:30
21/09/2022 19:30

O noso alumnado de Bacharelato do Club de Ciencias inaugurou as actividades do curso 22-23 cunha ruta micolóxica pola Serra da Capelada. Aproveitando o comezo da tempada, puido coñecer algúns dos cogomelos máis característicos da nosa zona.

                

                

                                                 

Distribuir contido


by Dr. Radut