Skip to Content

Actividades

CLUB CIENCIAS: RUTA MICOLÓXICA BACHARELATO

21/09/2022 16:30
21/09/2022 19:30

O noso alumnado de Bacharelato do Club de Ciencias inaugurou as actividades do curso 22-23 cunha ruta micolóxica pola Serra da Capelada. Aproveitando o comezo da tempada, puido coñecer algúns dos cogomelos máis característicos da nosa zona.

                

                

                                                 

PUBLICACIÓN DE POSTS NAS REDES SOCIAIS

28/05/2022 18:41

O Equipo Erasmus+ do centro pide ao alumnado a súa participación publicando un post nas redes sociais no que amosen algo da sú contorna do que queiran presumir: paisaxe, natureza, gastronomía, cultura,... Poden envíar unha foto, un vídeo ou un reel cunha pequena explicación en galego.

CLUB DE CIENCIAS

20/05/2022 13:30

O alumnado que participa no club de ciencias participa nunha saída didáctica ás Illas Cíes o 20.22-05-2022 de 13:30 horas del 20-05-22 a las 22:00 horas del 22-05-2022.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal.

  

  

1ºBAC RUTA PRAIA AREAS NEGRAS

29/04/2022 08:30
29/04/2022 14:00

O venres 29 de maio de 08:30 a 14:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta á Praia de Areas Negras de Teixidelo.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do instituto.

                    

4ºESO CHARLA VERDADES E TROLAS SOBRE AS VACINAS E A COVID

29/03/2022 08:30
29/03/2022 17:00

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre VERDADES E TROLAS SOBRE AS VACINAS E A COVID, impartida polo profesor Dr. Federico Martinón-Torres no Pazo de Cultura de Narón o martes 29-03-22 de 08:30 a 17:00 horas (por confirmar).

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal.

  

CONCURSO 11F DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

11/02/2022 00:01

O Club de Ciencia organiza un concurso o venres 11 de febreiro con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para participar neste xogo terás que resolver o encrucillado o máis rápido posible durante os recreos do venres.

 

ENTREGA DE PREMIOS

  

  

CONCURSO DE LOGOTIPOS 'EMBAIXADORES DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL'

20/12/2021 20:28

 equipo Erasmus+ do centro organiza un concurso para escoller o logotipo que será a imaxe do proxecto europeo Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal. En dito concurso pode participar todo o alumnado do centro.

 

AQUÍ ESTÁN OS LOGOS FINALISTAS...

O LOGO GAÑADOR DARASE A COÑECER PROXIMAMENTE NAS REDES SOCIAIS

 

   

 

XA TEMOS LOGO GAÑADOR!! NORABOA MÓNICA!!

    

3º 4º ESO e 1° 2° BAC: MONÓLOGOS CIENTÍFICOS

13/12/2021 16:00
13/12/2021 17:40

O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC acude ao Auditorio Municipal para participar nos MONÓLOGOS CIENTÍFICOS o luns 13-12-2021 de 16:00 a 17:40 horas.

O espectáculo corre a cargo do grupo BigVanCiencia, científicos e investigadores que usan as artes escénicas e o humor para divulgar contido científico.

Organiza o Concello de Cariño e o IES Cabo Ortegal.


1ªBAC CHARLA CONTAMINACIÓN MARINA

30/11/2021 10:00
30/11/2021 11:00

O alumnado de 1ºBAC ten ona charla sobre Contaminación en el medio marino: qué vigilar, cuándo y cómo o martes 30-11-21 de 10:00 a 11:00 horas. As ponentes serán Lucía Viñas e Begoña Pérez do Centro Oceanográfico de Vigo e se emitirá a través da plataforma Zoom

4ºESO CHARLA VOLCANES

25/11/2021 11:00
25/11/2021 11:50

O alumnado de 4ºESO ten unha charla sobre Volcanes y su afección al medio o xoves 25-11-21 de 11:00-11:50 horasa través del canal del IEO en YouTube. Será impartida por Eugenio Fraile Nuez do Centro Oceanográfico de Canarias

TODOS CONCURSO: PONLLE MÚSICA Á CIENCIA

22/11/2021 00:30
22/11/2021 14:00

Para celebrar o día da Música (22 de novembro) e o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas os departamentos de Música, Biblioteca, EDLG e o Club de Ciencias convocan un concurso de versións musicais "Ponlle música á ciencia", no que pode participar todo o alumnado.


TODOS CONCURSO: EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

09/11/2021 08:30
09/11/2021 14:00

Todo o alumnado do centro participa no concurso "En busca do enigma perdido", organizado pola Biblioteca, o Club de Ciencias e o EDLG do IES Cabo Ortegal, do 9 ao 12 e do 16 ao 19 de novembro de 2021


2ºBAC: CLUB DE CIENCIAS 20-21

22/10/2021 15:00
23/10/2021 19:00

O alumnado do Club de Ciencias do curso 20-21 tiña pendente unha actividade que, por fin, se realizou o venres 22 e o sábado 23 de outubro. Parte do alumnado inscrito desprazouse a Santiago, onde visitaron a cidade e o Observatorio Astronómico, e a Caldas de Reis, onde se divertiron nuhna competición de paintball.


AGASALLO DESPEDIDA ALUMNADO CLUB CIENCIA 2º BACH

28/06/2021 10:00
28/06/2021 23:43

O alumnado de 2º Bacharelato participante no Club de Ciencia recibe un pequeno agasallo de despedida.

               

1ºBAC RUTA EN KAIAK

22/06/2021 14:00
22/06/2021 22:00

O alumnado de 1º de BAC participante no club de ciencias do IES Cabo Ortegal realizou unha ruta en kaiak polo río Sor o 22 de xuño de 2021 de 14:00 a 22:00 horas

                 

                     

1ºBAC RUTA AO FUCIÑO DO PORCO

13/05/2021 10:30
13/05/2021 17:00

O xoves 13 de maio de 10:30 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta ao Fuciño do Porco organizada polo Club de Ciencias do instituto.

 

1ºBAC RUTA Á PRAIA DE AREAS NEGRAS

15/04/2021 10:30
15/04/2021 17:00

O xoves 15 de maio de 11:50 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta á Praia de Areas Negras de Teixidelo organizada polo Club de Ciencias do instituto.


 

CONCURSO SNACK EXPERIMENTS

19/04/2021 12:55
19/04/2021 12:55

O Club de Ciencia organiza o concurso 'Snack Experiments' para o alumnado de 1º Bach. O concurso consiste en gravar un video curto no que se leve a cabo un experimento breve con materiais que se teñen na casa.

  

 Vídeos finalistas

Gañadora do concurso

 

Agasallo aos participantes

 

 

 

EXPOSICIÓN CIUDAD CIENCIA 'LAS CHICAS SOMOS GUERRERAS'

24/03/2021 11:00
24/03/2021 12:20

O alumnado de 1º Bacharelato visita a exposición 'Las chicas somos guerreras' no local social da Casa do Concello o mércores 24 de marzo de 11:00 a 12:20h. Dita exposición é unha nova proposta do proxecto de divulgación Ciudad Ciencia para Cariño, que foi deseñada polo Museo Nacional de Ciencias Naturais do CSIC.

                        

 

CONCURSO 11F DESCUBRE AS TÚAS CIENTÍFICAS

11/02/2021 20:41
12/02/2021 20:41

O Club de Ciencias en colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Dinamización organiza un concurso para todo o alumnado da ESO e Bacharelato coincidindo có 11 de Febreiro, Día da Nena e a Muller na Ciencia.

  

Gañadoras do concurso

  

 

CONCURSO EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

19/11/2020 20:09
27/11/2020 20:09

O Club de Ciencias organiza, en colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Dinamización, o concurso 'En busca do enigma perdido' do 19 ao 27 de novembro coincidindo co mes da ciencia en galego.

  

Gañadores do concurso

  

  

  

  

Distribuir contido


by Dr. Radut