Skip to Content

Actividades

1ºESOB REGUEIFAS

14/03/2022 16:00
14/03/2022 17:00

O alumnado de 1º ESO B asiste a un obradoiro de regueifas en liña, impartida por Alba María, o luns 14-03-2022 de 16:00 a 17:00 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

TERCEIRO NÚMERO DO SABICHÓMETRO

 

No marco da Semana da Prensa 2022, publicamos o terceiro número d'O Sabichómetro 2.0., que dá conta do acontecido no centro na primeira parte deste curso. A revista pódese ler picando aquí.

CONCURSO 11F DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

11/02/2022 00:01

O Club de Ciencia organiza un concurso o venres 11 de febreiro con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para participar neste xogo terás que resolver o encrucillado o máis rápido posible durante os recreos do venres.

 

ENTREGA DE PREMIOS

  

  

CONCURSO DE LOGOTIPOS 'EMBAIXADORES DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL'

20/12/2021 20:28

 equipo Erasmus+ do centro organiza un concurso para escoller o logotipo que será a imaxe do proxecto europeo Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal. En dito concurso pode participar todo o alumnado do centro.

 

AQUÍ ESTÁN OS LOGOS FINALISTAS...

O LOGO GAÑADOR DARASE A COÑECER PROXIMAMENTE NAS REDES SOCIAIS

 

   

 

XA TEMOS LOGO GAÑADOR!! NORABOA MÓNICA!!

    

TODOS CONCURSO: PONLLE MÚSICA Á CIENCIA

22/11/2021 00:30
22/11/2021 14:00

Para celebrar o día da Música (22 de novembro) e o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas os departamentos de Música, Biblioteca, EDLG e o Club de Ciencias convocan un concurso de versións musicais "Ponlle música á ciencia", no que pode participar todo o alumnado.


TODOS CONCURSO: EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

09/11/2021 08:30
09/11/2021 14:00

Todo o alumnado do centro participa no concurso "En busca do enigma perdido", organizado pola Biblioteca, o Club de Ciencias e o EDLG do IES Cabo Ortegal, do 9 ao 12 e do 16 ao 19 de novembro de 2021


TODOS MAGOSTO 2021

08/11/2021 16:00
08/11/2021 18:30

O luns 8-11-21 todo o centro participará na degustación de castañas asadas. Si a meteoroloxía o permite poderase participar en xogos tradicionais. Por protocolo COVID o alumnado, despois de recoller a súa ración de castañas, se situará no seu lugar correspondente asignado para os recreos. As quendas por hora e cursos son:

De 16:00 a 16:50 horas baixará o alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de BAC (terá clase normal a 2ª hora da tarde)

De 16:50 a 17:40 horas: baixará o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO (terá clase normal a 1ª hora da tarde)

De 17:40 a 18:30 horas: baixará o alumnado do Ciclo

4ºESO e 1ºBAC e 2ºBAC: DOCUMENTAL, COLOQUIO E RECITAL

20/10/2021 10:10
20/10/2021 13:10

O alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º de BAC participa o mércores 20-10-21 de 10:10 a 13:10 nunha actividade na que a poeta Emma Pedreira e o director Carlos Lorenzo presentan o documental Vértice de Versos e manterán co público un coloquio, ademáis dun recital da poeta.

SEGUNDO NÚMERO DO SABICHÓMETRO

 

Hoxe publicouse o segundo número d'O Sabichómetro 2.0, no que facemos un repaso polo acontecido no centro durante o segundo e o terceiro trimestres. Pódese ler picando aquí

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Este ano 2021 homenaxeamos a Xela Arias, poeta, tradutora e profesora, sendo a quinta muller que recibe esta homenaxe nos 58 anos de existencia da celebración.

FALLO DO I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

Nas vésperas do Día das Letras Galegas 2021, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Illa de San Simón facemos público o fallo do xurado do I Certame de microrrelatos e fotografía intercentros Exeria:

Os traballos gañadores poden lerse picando aquí.

I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

A historia da peregrina Exeria é unha desas historias inspiradoras que todo o mundo debería coñecer. Viviu no século IV d.C. e nesa época iniciou unha atrevida viaxe en solitario ata a Terra Santa, Exipto e Mesopotamia. As súas impresións sobre o periplo, as paisaxes e as xentes que foi vendo durante meses foinas recollendo nun libro, o Itinerarium Egeriae.

En honor a esta curiosa e independente muller, considerada a primeira escritora galega da que temos coñecemento, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Illa de San Simón, en colaboración coa Biblioteca, convocamos conxuntamente o I Certame de microrrelato e fotografía Exeria. Nesta primeira edición, pareceunos que non había mellor tema para homenaxear a esta figura que as viaxes.

Pica aquí para acceder ás bases do certame.

O SABICHÓMETRO ESTÁ DE VOLTA!

 

Neste curso excepcional retomamos a publicación da nosa revista escolar, O Sabichómetro, agora nunha versión dixital e con acceso a materiais audiovisuais, adaptada ós tempos que corren. Podes ler xá o primeiro número, correspondente ó primeiro trimestre, picando aquí

LETRAS GALEGAS 2020 NAS NOSAS VOCES

O IES Pedro Floriani (Redondela), o IES Pino Manso (O Porriño) e o IES Cabo Ortegal unimos as nosas voces nun vídeo para celebrar o Día das Letras Galegas 2020, dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
No VíDEO fanse lecturas de persoas homenaxeadas, desde o ano 1963 dedicado a Rosalía de Castro, ata chegar ao homenaxeado deste 2020.
Moitas grazas ás persoas que se animaron a participar!

 

1º BAC RUTA Á PRAIA DE TEIXIDELO

30/05/2019 08:30
30/05/2019 14:00

O alumnado de 1º BAC realiza unha ruta á praia de Teixidelo o xoves 30-5-19 de 08:30-14:00 horas

VISITA Á CAPELA 2018

05/10/2018 10:00
05/10/2018 14:00

O alumnado de 1º ESO realiza unha visita ao CEIP Mosteiro de Caaveiro de 10:00 a 14:00 horas. Alí practican distintos xogos tradicionais baixo a supervisión do alumnado do centro da Capela.

VISITA DO ESCRITOR HECTOR CAJARAVILLE

17/04/2018 12:30
17/04/2018 14:00

O alumnado de 3º e 4º de ESO participa nunha charla, e posterior firma de libros, co autor Hector Cajaraville o martes 17 de abril de 2018 no Aula de Usos Múltiples do centro de 12:30 a 14:00 horas.

CONCURSO DE CABAZAS

06/11/2017 12:05
06/11/2017 12:20

Para celebrar o samaín o departamento de Galego e o ENDL celebraron un concurso de decoración de cabazas o luns 6 de novembro de 2017.

Estas son algunhas das presentadas:

MAGOSTO

06/11/2017 16:00
06/11/2017 17:40

Como todos os anos no IES Cabo Ortegal celebramos o magosto cunha xornada na que toda a comunidade educativa pasou unha tarde muy aimada de xogos populares e degustación de castañas asadas.

Non podemos olvidarnos de agradecerlle ao concello a súa colaboración proporcionándonos o asador para as castañas e os xogos populares.

 

VISITA DA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS

O pasado 12 de abril, e organizado polo departamento de Lingua Galega, recibimos a visita da escritora Andrea Maceiras. Con ela o noso alumnado de 3º e 4º ESO comentou o seu libro "Europa Express".

Andrea Maceiras        Europa Express

VISITA DO ESCRITOR FRANCISCO CASTRO

O pasado 4 de abril visitounos o escritor galego Francisco Castro, actividade organizada polo departamento de Lingua Galega.

Francisco Castro

O noso alumnado de 1º ESO comentou con el a súa obra "Chamádeme Simbad", con 2º ESO disertou sobre "O segredo de Marco Polo" e con  4º ESO e 1º BAC falou de "Tes ata as 10".

Chamademe simbad        O segredo de marco polo        Tes ata as dez

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE DESEÑO

21/11/2014 12:05

Xa temos gañadores do concurso de deseño de camisetas e paraugas.

Os tres gañadores foron:

   1º Premio: Federico Valentín Pérez Freire de 4º ESO

   2º Premio: Nerea Vale Santiago de 3º ESO  

   3º Premio: Verónica Sebastianelli Díaz de 1º ESO

NORABOA AOS TRES!

Deseño gañador  

VISITA DE NÚÑEZ SINGALA

25/02/2015 10:25

O pasado mércores 25 de febreiro o noso alumnado recibiu a visita do escritor Núñez Singala para falar dos libros que leron ao longo destes últimos meses. Con 3º ESO falou de Instrucións para tomar café, con 2º ESO de Comedia bífida e con 1º ESO comentou O achado do castro.

     

Agradecementos dende aquí pola súa visita.

CLUB DE LECTURA Lingua Galega

05/06/2015 12:05
05/06/2015 13:10
Hoxe rematou o clube de lectura deste curso, gozando coa lectura e cun doce. O alumnado de 4º ESO participou nesta actividade lendo o libro Tes ata as 10 de Francisco Castro.
 

 

INTERCAMBIO CULTURAL 2015: ALFOZ EN CARIÑO

01/06/2015 10:25
01/06/2015 17:40
Hoxe recibimos a visita dos alumnos de 3º ESO do IES  de Alfoz. Fixemos unha visita turística polos lugares máis emblemáticos de Cariño: a fábrica de conservas “La Pureza”, a vila, o Cabo Ortegal, San Andrés de Teixido,… e por suposto, o noso Instituto.
 
 
 
 

CONCERTO DE SÉS 2015

19/05/2015 10:25
19/05/2015 12:05

Seguindo coa conmemoración do día das Letras Galegas, o pasado martes 19 de maio, o alumnado de 2º ciclo da ESO e de Bacharelato asistitui ao concerto de Sés.

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Cariño que subencionou a actividade. Dende aquí agradecer a súa colaboración.

 

 

VISITA DO ILUSTRADOR XAQUÍN MARÍN

O pasado xoves 16 de abril o IES Cabo Ortegal tivo a honra de recibir ao ilustrador e humorista gráfico Xaquín Marín, que veu a impartir dous obradoiros nos que, ademais de gozar cos seus debuxos, deleitonunos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.Neste acto participou o alumnado de 2º ciclo da ESO e de Bacharelato.


Xaquín1   Xaquín2   Xaquín3

Pódese consultar a noticia que publicou La Voz de Galicia no seguinte enlace: La Voz de Galicia (Xaquín Marín).

VISITA DO ILUSTRADOR XAQUÍN MARÍN

16/04/2015 10:25
16/04/2015 12:10

Hoxe recibimos a visita do ilustrador Xaquín Marín; realizou unha actividade lúdica na que participaron os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato. Ademais de facernos gozar cos seus debuxos, deleitounos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.

Xaquín2

VISITA Á CAPELA 2015

27/03/2015 08:30
27/03/2015 14:00

O alumnado de 1º ESO visitou o Museo Etnográfico da Capela. Alí viaxamos no tempo e descubrimos como vivían os nosos antepasados; descubrimos apeiros de labranzas, distintos utensilios usados na vida doméstica: artesas, olas da nata, a roca e o fuso, a sella,…;e coñecemos os oficios máis tradicionais: zoqueiros, carpinteiros, xastres, cesteiros, …

http://1.bp.blogspot.com/-54wdMq5mghA/VRWvmlKSFCI/AAAAAAAAAu4/_86cmkY-9Es/s1600/DSC02595.JPG

Despois de adquirir tantos coñecementos, fomos xogar cos nenos do CEIP Mosteiro de Caaveiro e amosáronos a súa colección de xoguetes africanos, entre outras cousas. Moitas grazas pola vosa atención. http://3.bp.blogspot.com/-2-5u8VAWrwM/VRWxEvzwgxI/AAAAAAAAAvU/jAoHs_Ag9Nc/s1600/DSC02660.JPG

 

Distribuir contido


by Dr. Radut