Skip to Content

Club de Lectura Alumnado

CLUB DE LECTURA

09/06/2022 08:30
09/06/2022 18:00

O alumnado participante no Club de Lectura 21-22 realiza unha visita a Ferrol e Mugardos o xoves 09-06-2022 de 08:30 a 18:00 horas.

A actividade está organizada polo Club de Lectura do IES Cabo Ortegal

Club de Lectura Alumnado

CLUBE DE LECTURA alumnado 2013-2014

Historia do desenrolo do club de lectura no centro.

No curso 2009-2010, iniciouse a andadura neste proxecto, coa participación dos departamentos de Francés e Inglés do centro. A actividade acadou un éxito e seguimento importantes, o que levou á súa ampliación e contaxio a máis alumnos/as, e a outros departamentos.

Do éxito anterior, xorde un aumento do número de departamentos implicados e de alumnos/as participantes. No curso 2010- 2011, houbo unha continuidade entre os docentes que permanecen con destino no centro, ampliándose aos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e Lingua Castelá. No curso 2011-2012 participaron os departamentos de Matemáticas, Francés, Inglés, Lingua Castelá e Normalización Lingüística. No curso 2012-2013, seguise incrementando a participación doutros departamentos. Os implicados foron: Matemáticas, Inglés, Lingua Castelá, Lingua Galega, Normalización Lingüística, Francés, Plástica e Latín.

A actividade tivo unha recepción moi positiva, máis tendo en conta que algún dos departamentos tiña os seus encontros fóra do horario lectivo. Isto determinou que xa os propios alumnos/as demandasen o seu desenvolvemento neste curso.

Finalidades. Relación co Proxecto Lector de centro e a Biblioteca Escolar.

Nas sociedades da información e da dixitalización, a lectura é imprescindible coma medio clave de desenrolo persoal, formativo e lúdico. A comunicación activa e consecuente, asemade que as competencias lingüísticas, lectoras e inferenciais, son claves nun entorno en que ter unha capacidade crítica activa, determinarán o exercicio responsable e reflexivo na sociedade.

Destacar que tanto na selección de lecturas como na metodoloxía e desenrolo, o proceso nútrese dun feed-back evaluado, no que o desenrolo dos encontros son dinámicos e participativos, partindo das demandas, inquedanzas, intereses e gustos dos alumnos/as.

Dende este principio vertebrador, enuméranse os obxectivos do club de lectura:

  • Colaborar e favorecer ao achegamento á lectura coma unha experiencia autodemandada e pracenteira.
  • Desenrolar e incentivar actitudes favorables á lectura, coma xeito esencial do desenrolo persoal.
  • Xerar hábitos lectores dende a propia demanda persoal.
  • Favorecer o encontro lector coma un espazo para compartir as súas necesidades, gustos e inquedanzas, en especial atención ás súas idades.
  • Crear lectores competentes, activos e que perciban os libros (en calquera soporte), coma unha necesidade lúdica e non unha obriga.
  • Mellorar a competencia lingüística, con especial atención ás capacidades compresivas, expresivas e inferencias, medios base do seu proceso académico, social e vital.
  • Xerar un desenrolo activo da capacidade crítica, nas novas sociedades da información e a dixitalización.
  • Facer de lectura un medio de creación de comunidades de interese ao redor do encontro cos libros.
  • Interactuar e mellorar o tratamento da información e a competencia dixital, cos novos soportes lectores, e cunha achega máis crítica e reflexiva as novas sociedades da información.
  • Identificar os libros coma fonte lúdica, de información, de capacidade crítica, e pezas do seu futuro proceso formativo ao longo da vida, “aprender a aprender”.
  • Crear un ámbito non obrigatorio, de encontro, reflexión e comunicación de intereses, opinións e disfrute das obras propostas.
  • Promover dende o centro educativo a actividade lectora coma unha opción de ocio.
  • Motivar unha achega lúdica a lectura en linguas estranxeiras (Inglés), coma parte do seu propio desenrolo competencial nesas linguas e unha visión das culturas que nelas se referencian.
  • Concibir a lectura coma unha posibilidade de encontro e de ocio.
  • Descubrir nos libros culturas, sociedades, épocas e realidades, pensamentos, fantasía e percepcións dos seres humanos ao longo da historia.
  • Interpretar a escritura coma unha arte creativa e viva.
  • Empregar técnicas de información e comunicación, ferramentas web 2.0, que forman parte do ocio e socialización,da interpretación da sociedade, e do acceso a información dos alumnos/as, e das novas sociedades.
  • Compartir por medio de bloques e foros, vinculados aos libros seleccionados as experiencias lectoras, e crear comunidades de interese 2.0.
  • Xerar actitudes de respecto, valoración e tolerancia cara ao diferente.

No Proxecto Lector de centro aparecen integradas as actuacións destinadas ao fomento da lectura e da escrita. Por iso, a formación de clubs de lectura aparece recollida tanto no Plan Xeral Anual do centro como no Proxecto Lector.

Os clubs de lectura do centro, pretenden partindo dende os entornos, vivencias e demandas dos participantes, crear lectores convencidos e competentes, activos e participativos, que reinterpreten as novas sociedades dixitais e da información, dende toda a súa experiencia lectora, e as habilidades desenroladas con elas. Non podemos obviar a influencia da Internet, e as novas formas de soporte lector. En colaboración coa Biblioteca e coa participación da comunicade educativa (Proxecto Lector), procuramos formar lectoras e lectores competentes e crear e consolidar o hábito de lectura coma necesidade lúdica e medio de desenrolo persoal e social.

Forma de organización e funcionamento.

O club desenrola e promove a creación de espazos de encontro lector, mediante dous sistemas. Un coa lectura completa das obras por parte dos membros, facendo dos tempos de xuntanza un intercambio de experiencias. O outro sistema consiste en dividir as propostas entre os alumnos o que permite unha atención máis personalizada polo profesor-coordinador e a compra dun número máis reducido de exemplares.

O club de lectura contará cunha persoa coordinadora que se encargará de moderar o funcionamento do grupo e que:

  • Selecciona as lecturas entre as que o grupo pode escoller. Os alumnos/as foron consultados para escolla definitiva, tras unha breve presentación das obras posibles para os encontros deste curso.
  • Presenta a lectura seleccionada e motiva os participantes, xestionando e facilitando aqueles aspectos que poidan resultar máis distantes ao seu mundo experiencial.
  • Convoca, modera,e mantén as sesións presenciais.
  • Introduce actividades de animación baseadas nos textos.
  • Favorece a participación voluntaria, a expresión de opinión e gustos, e o acceso a blogues, webs, websquests e lugares de intercambio da experiencia lectora.


Distribuir contido


by Dr. Radut