Skip to Content

Ortegalendo

I CAMPIONATO DE CUBO DE RUBIK

I Campionato de Cubo de Rubik do IES Cabo Ortegal, organizado polo Equipo da Biblioteca en colaboración co Club de Ciencias no marco das actividades do Mes da Ciencia en galego.

Nesta mañá gris, a chuvia deunos unha tregua e por fin puidemos celebrar o tan agardado I Campionato do cubo de Rubik, que tiveramos que adiar.

A expectación era máxima no patio e xs participantes estiveron á altura. Canto talento no Cabo Ortegal!!
 
 
 
Dende aquí queremos darlle as grazas a todo o alumnado que participou e os nosos parabéns ós gañadores das dúas categorías por resolver o reto nun tempo récord. Que cracks!

Anxo Taracido, de 2º ESO, gañador da categoría de 1º, 2º e 3º ESO (2 minutos e medio)

Mónica Rodríguez, de 4º ESO, gañadora da categoría de 4º ESO e BACH (7,88 segundos)

Xa sabedes, todo o mundo a practicar que o próximo ano temos que superar estas marcas!

Pica aquí para ver o vídeo resumo do campionato!

Distribuir contido


by Dr. Radut