Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA 'UNHA TARDE NO MUIÑO' NA RADIO FILISPIM

07/11/2022 12:10
07/11/2022 20:10

Os profesores Alfonso Fernández e Bea Otero e @s alumn@s de 2º Bacharelato David Ramos e Mónica Rodríguez participaron no programa de radio 'Unha tarde no Muiño' de Radio Filispim en Ferrol. Grazas á invitación de Silvia Picos, durante a entrevista puideron dar a coñecer un pouco máis o proxecto Eramus+ 'Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal' que está a desenvolver o centro, así como contribuir na difusión do proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal.

Aquí vos deixamos o ligazón á entrevista: https://go.ivoox.com/rf/95782540

 

4ºESO CHARLA ARMADA

02/11/2022 10:10
02/11/2022 11:00

O alumnado de 4º ESO ten unha charla, impartida por un membro da Armada, o mércores 02 de novembro de 2022 de 10:10 a 11:00 horas.

 

A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

SAMAÍN 2022

A Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizaron unha serie de actividades para a semana do 24 ao 28 de outubro con motivo do Samaín. 

Pode consultarse a continuación a programación para estes días:

No instagram da Biblioteca poden lerse as bases dos dous concursos convocados.

4º ESO E 1º BAC RUTA XEOLÓXICA RUTA DOS PENIDOS

26/10/2022 08:30
26/10/2022 14:00

O alumnado de 4º ESO e 1º BAC realiza a ruta xeolóxica dos Penidos, guiada por Fran Canosa, o mércores 26-10-22 de 08:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias e Erasmus+ do IES Cabo Ortegal.

                           

                     

        

CONSTRUCIÓN DE ESCULTURAS DE MADEIRA

20/10/2022 16:00
20/10/2022 20:00

O alumnado de 1º bacharelato estivo traballando con Alfonso na construción de esculturas de madeira, unha actividade de concienciación medioambiental dentro do proxecto Erasmus+ e do Club de Ciencias do centro.

            

            

FORMACIÓN EMBAIXADORES BACHARELATO

18/10/2022 16:00
18/10/2022 20:00

O equipo Erasmus+ do centro organiza unha ruta para coñecer algúns dos aspectos xeolóxicos máis destacados da nosa contorna o 18-10-22 de 16:00 a 20:00 h. Grazas as fantásticas explicacións de Fran Canosa, os nosos embaixadores de 1º e 2º de Bacharelato formáronse para coñecer e poder divulgar as singularidades xeolóxicas da nosa zona.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias e o equipo Proxecto Erasmus+ "Embaixadores do Xeoparque do Cabo Ortegal".

               

               

               

ENQUISA DE COÑECEMENTOS SOBRE O PROXECTO DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL

03/10/2022 10:47

O Equipo Erasmus+ do centro elaborou estas enquisas (anónimas) para analizar os coñecementos da comunidade educativa do IES Cabo Ortegal respecto ao Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal.

Agredecemos a vosa participación!

ENQUISA ALUMNADO

ENQUISA PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE

ENQUISA FAMILIAS

CLUB CIENCIAS: RUTA MICOLÓXICA BACHARELATO

21/09/2022 16:30
21/09/2022 19:30

O noso alumnado de Bacharelato do Club de Ciencias inaugurou as actividades do curso 22-23 cunha ruta micolóxica pola Serra da Capelada. Aproveitando o comezo da tempada, puido coñecer algúns dos cogomelos máis característicos da nosa zona.

                

                

                                                 

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA A XESTIÓN DA COVID-19

Segundo as últimas instrucións publicadas pola Consellería no relativo á xestión da Covid-19 no ámbito educativo, informamos que:

  • Segue sendo recomendable a ventilación dos espazos, polo que na medida do posible continuarase cunha óptima ventilación das aulas e zonas comúns do centro.
  • Seguirase promovendo a hixiene de mans e a hixiene respiratoria.
  • A máscara é recomendable cando se presenten síntomas compatibles coa enfermidade ou naquelas persoas con criterios de vulnerabilidade. Neste punto é importante recordar aos usuarios de transporte escolar que polo de agora a máscara si é obrigatoria no interior do bus.
  • Finalmente cando unha persoa sexa positivo por Covid poderá asistir ao centro sempre que non se atope mal, pero nese caso terá a obriga de utilizar máscara. No caso en que a sintomatoloxía lle impedise asistir con normalidade ao centro, non acudirá, como no caso de calquera outra enfermidade común.

VISITA DA COMISIÓN AVALIADORA DO PROXECTO DE XEOPARQUE CABO ORTEGAL

06/09/2022 18:22

A semana pasada, dentro da avaliación do Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal por parte da Unesco, o centro recibiu a visita da comisión avaliadora encabezada por Chris Woodley-Stewart e César Alejandro Goso xunto có alcalde de Cariño, para coñecer o proxecto europeo Erasmus+`'Embajadores del Geoparque Cabo Ortegal' que o centro está a desenvolver e que foi deseñado polo Equipo Erasmus+ do mesmo.

As profesoras Elisa Álvarez e Beatriz Otero comentaron en que consiste esta iniciativa, enfocada no coñecemento e na divulgación da riqueza xeolóxica da zona, pero tamén na preservación da cultura. Cinco das alumnas participantes, Natalia Colorado, Laura Iglesias, Ainoa Villar, Mónica Rodríguez e Carme Pita falaron cos avaliadores sobre o traballo que se está facendo no instituto e ensináronlles dúas pezas audiovisuais producidas pola rapazada, unha en clave de humor e outra cun argumento máis profundo no que enfía o alzheimer coa pervivencia da tradición oral e musical.

Esperamos ter contribuido positivamente na avaliación do Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal e desexamos que este territorio acade o recoñecemento de Xeoparque da Unesco.

            

            

 

Redes sociais do Club de Ciencias

Preme na imaxe para acceder ao Instagram do Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal

Redes sociais ERASMUS+

Preme na imaxe e poderás consultar o Facebook do Proxecto Erasmus+ Embaixadores do Proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal do IES Cabo Ortegal.

Ou preme nesta para acceder ao Instagram do proxecto.

 

 

 

1º e 2º BAC e CICLO ESO SCAPE ROOM IGUALDADE

20/06/2022 16:00
20/06/2022 17:40

O alumnado de 1º e 2º da BAC e de CICLO realiza un Scape Room sobre Igualdade no instituto o luns 20 de xuño de 16:00 a 17:40 horas.

A actividade está organizada por Educación Familiar do Concello

 

3º e 4º ESO SCAPE ROOM IGUALDADE

20/06/2022 12:20
20/06/2022 14:00

O alumnado de 3º e 4º da ESO realiza un Scape Room sobre Igualdade no instituto o luns 20 de xuño de 12:20 a 14:00 horas.

A actividade está organizada por Educación Familiar do Concello

 

1º e 2º ESO SCAPE ROOM

20/06/2022 09:00
20/06/2022 10:40

O alumnado de 1º e 2º da ESO realiza un Scape Room sobre Igualdade no instituto o luns 20 de xuño de 09:00 a 10:40 horas.

A actividade está organizada por Educación Familiar do Concello

1º ESO A e B CHARLA ECOTONO

16/06/2022 10:50
16/06/2022 14:00

O alumnado de 1º ESO A e B ten unha charla e unha saída á praia o xoves 16-06-2022 de 10:50 a 14:00 horas.

A actividade será impartida por membros de Ecotono e organizada polo departamento de Bioloxía.

ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

16/06/2022 19:20

O alumando de 2º de bacharelato celebra o xoves 16 de xuño ás 19:30 h o seu acto de graduación no auditorio de Cariño.

 

 

1º ESO A e B RUTA XEOLÓXICA POLOS ACANTILADOS DE LOIBA

15/06/2022 08:30
15/06/2022 17:30

O alumnado de 1º ESO A e B realiza unha andaina polos acantilados de Loiba o mércores 15-06-2022 de 08:30 a 17:30 horas.

A activiade está organizada polo departamento de Educación fisica e contará coa guía do xeólogo especialista de Fran Canosa.

MOBILIDADE ERASMUS+ CROACIA

13/06/2022 14:02

Antía Gonçalves e Sara Filgueira participan na primeira mobilidade do noso proxecto Erasmus+ para realizar o curso 'Educate-reduce climate change impact and save the environment' en Split (Croacia). O curso desenvólvese desde o luns 13 de xuño ata o venres 17 de xuño.

Actividade financiada pola Unión Europea.

          

                

TODOS CINE VERSIÓN ORIXINAL

13/06/2022 08:30
13/06/2022 17:00

Todo o alumnado do centro verá no cine de A Coruña unha película en versión orixinal en inglés o luns 13-06-2022 de 08:30 a 18:00 horas

A actividade está organizada polos departamentos de Francés e Inglés.

 

1ºBAC de FRANCÉS VIAXE A PARÍS

07/06/2022 00:00

O alumnado de a1ºBAC que cursa francés realiza unha viaxe a París dende o 7 ao 12 de xuño de 2022.

A actividade está organizada polo departamento de Francés.

CLUB DE LECTURA

09/06/2022 08:30
09/06/2022 18:00

O alumnado participante no Club de Lectura 21-22 realiza unha visita a Ferrol e Mugardos o xoves 09-06-2022 de 08:30 a 18:00 horas.

A actividade está organizada polo Club de Lectura do IES Cabo Ortegal

4º ESO PROXECTO RÍOS

08/06/2022 10:30
08/06/2022 13:30

O alumnado de 4º ESO ten unha saída ao Río Mera o mércores 8-06-2022 de 10:30 a 13:30 horas.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal.

3º ESO TALLER QUÉROTE+

06/06/2022 11:30
06/06/2022 13:10

O alumnado de 3º ESO asiste a un taller impartido por Quérote+ o luns 06-06-2022 de 11:30 a 13:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

PUBLICACIÓN DE POSTS NAS REDES SOCIAIS

28/05/2022 18:41

O Equipo Erasmus+ do centro pide ao alumnado a súa participación publicando un post nas redes sociais no que amosen algo da sú contorna do que queiran presumir: paisaxe, natureza, gastronomía, cultura,... Poden envíar unha foto, un vídeo ou un reel cunha pequena explicación en galego.

4ºESO RELEVO2 CHARLA TURISMO ACTIVO E DEPORTES NAÚTICOS

25/05/2022 09:20
25/05/2022 09:20

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre Turismo activo e deportes naúticos, impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o mércores 25-05-22 de 09:20 a 10:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

3ºESOA e 3ºPMAR ExpOtaku 2022

21/05/2022 09:00
21/05/2022 21:00

O alumnado de 3º ESO e 3º PMAR asiste ao evento de manga, anime, cosplay y gaming de Galicia en A Coruña o sábado 21-05-2022 de 09:00 a 21:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Lingua Castelá.

CLUB DE CIENCIAS

20/05/2022 13:30

O alumnado que participa no club de ciencias participa nunha saída didáctica ás Illas Cíes o 20.22-05-2022 de 13:30 horas del 20-05-22 a las 22:00 horas del 22-05-2022.

A actividade está organizada polo Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal.

  

  

RESOLUCIÓN DO II CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA "EXERIA"

Neste 20 de maio de 2022, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Mendiño facemos público o fallo do xurado do II Certame de microrrelatos e fotografía intercentros Exeria, organizado en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e co Equipo de Biblioteca. Para acceder ó documento pica aquí.

 

 

4ºESO CHARLA SOBRE CICLOS FORMATIVOS DE GRADO MEDIO

13/05/2022 08:20
13/05/2022 09:05

O alumnado de 4º ESO terá unha charla informativa sobre ciclos formativos impartidos no IES Punta Candieira o venres 13-05-2022 de 08:30 a 09:20 horas.

A actividade está programada polo departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut