Skip to Content

Convocatoria AXUDAS para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (Curso 2024-2025)

O 19 de abril de 2024 o Ministerio de Educación publicou as axudas para aquel alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo que vai cursar estudos o vindeiro curso 2024-2025.

O prazo de solicitude abrangue do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

As axudas están dirixidas a aquel alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.
  • Axudas para a reeducación pedagóxica e/ou da linguaxe.

Pódese consultar máis información no seguinte enlace: INFORMACIÓN AXUDAS NEAE



page | by Dr. Radut