Skip to Content

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Desde o 20 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas para material escolar destinadas a alumnado matriculado en Primaria, ESO e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (ao ser o IES Cabo Ortegal un centro Edixgal con libros de texto dixitais, non se solicitan axudas para libros de texto).

O prazo para a realización dos trámites necesarios finaliza  o 21 de xuño, este incluído. A presentación de solicitudes realizarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar as solicitudes de xeito presencial no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común cumprimentando o seguinte formulario: ANEXO SOLICITUDE e que deberá ser entregado na administración do centro. 

As convocatorias poden consultarse no Diario Oficial de Galicia e no Portal Educativo



page | by Dr. Radut