Skip to Content

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN RECICLARTEGAL

12/04/2023 14:13

A exposición Reciclartegal está dispoñible para poder visitala no paseo marítimo de Cariño desde esta mañá. A inauguración oficial tivo lugar cando os nosos Embaixadores divulgaron os seus coñecementos da zona a un público moi especial, o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne. Explicáronlles, empregando o mapa de Cariño en 3D, o que ocorre cos residuos que chegan aos nosos ríos, mares e océanos e a súa repercusión sobre a fauna e como as correntes mariñas favorecen que os residuos doutros lugares rematen nas praias de Cariño. Unha charla produtiva para concienciar as novas xeracións da importancia de manter limpa a contorna. Noraboa!

       

       

                                          



story | by Dr. Radut