Skip to Content

FIN DE CURSO: FINAIS DEPORTIVAS E ANDAINA A FORNOS

21/06/2023 08:30
21/06/2023 14:00
O mércores 21 de xuño realizaranse diferentes actividades para despedir o curso escolar.

Ás 8:30 horas o alumnado subira ás aulas, pasarase lista e baixarán ao patio para ata aproximadamente as 10:30 xogar as finais das diferentes actividades deportivas que se viñeron ralizando nos recreos ao longo do curso.

Unha vez rematados os partidos realizaremos unha andaina á praia de Fornos co horario seguinte (son horas aproximadas):

 

  • 10:30-11:30 horas: saída a pé do instituto e chegada á praia.
  • 11:30-13:30 horas: tempo de lecer na praia e comida (o centro mercará como é habitual algo para comer e beber).
  • 13:30 horas: regreso en bus ao instituto.
  • 14:00 horas: recollida de material das aulas, saída dos buses e remate da xornada.

 



evento | by Dr. Radut