Skip to Content

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

19/01/2014 09:34
19/01/2014 09:34

CONCURSO MARCAPÁXINAS

OBXECTIVO: HOMENAXEAR A MULLER

Co gallo do día da Muller Traballadora (8 de marzo), o equipo de Biblioteca e ENDL, coa colaboración do Departamento de Plástica organiza un concurso de marcapáxinas. Para darvos ideas e axudarvos a elaboralos faranse dous obradoiros na Biblioteca os días 24 e 31 de xaneiro nos recreos. Tedes que traer anacos de  papeis de cores de cartón e cintas, cola, clips, tesoiras e imaxinación. Podédesvos apuntar na biblioteca.

BASES:

1. Elaboración dun marcapáxinas con este tema.

2. Idioma:galego.

3. Materiais: calquera.

4. Valoración: deseño, traballo e elaboración.

5. Entrega: nun sobre que levará o pseudónimo e dentro irá o traballo e un sobre pechado coa identificación do autor.

6. Data de entrega: 28 de febreiro na Biblioteca.

7. Entrega de premios: 7 de marzo no primeiro recreo na Biblioteca.



evento | by Dr. Radut