Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Maio 13, 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
13
14
Start: 14/05/2024 08:30
End: 14/05/2024 14:00

Durante o 2º trimestre, o alumnado colaborador do EDLG desenvolveu a campaña @aquitamensefala e repartiu polos establementos cariñeses cartaces que promoven o uso do galego.
Neste Mes das Letras, iremos dando a coñecer nas redes os locais e colectivos que se uniron á iniciativa, mais de momento podedes ver un adianto nos corredores.
Grazas a tódalas persoas que se sumaron á campaña e, en especial, ó noso alumnado dinamizador!

Start: 14/05/2024 11:00
End: 14/05/2024 11:30

As persoas que asistimos ó recreo de Micro Aberto do pasado martes tivemos a sorte de coñecer un pouco máis sobre a India da man dunha autóctona. Kirti, a nosa auxiliar de lingua inglesa, descubriunos algunhas curiosidades sobre o seu país. Falounos da súa cultura, amosounos algúns costumes, descubriunos a persoeiros importantes, contounos datos sobre a súa gastronomía e moito máis! Grazas, Kirti!
E si ti tamén queres descubrir cousas tan interesantes coma esta, non faltes á próxima cita dos #recreosdemicroaberto!!


Start: 14/05/2024 11:00
End: 14/05/2024 11:30

A semana pasada, o EDLG e a Biblio repartimos entre o alumnado e o profesorado estes marcapáxinas para homenaxear a Luísa Villalta. Verdade que son chulos?
As ilustracións foron obra de Yuliia e Andrea, as gañadoras do concurso de retratos do #díadasletrasgalegas. Parabéns, rapazas!


15
Start: 15/05/2024 11:30
End: 15/05/2024 14:00

O mércores 15 de maio de 2024 conmemoramos as Letras Galegas cun festival que terá lugar no Auditorio municipal de 11:30 a 14:00 horas

A actividade está organizada polos departamentos de EDLG, Música, Lingua Galega e Plástica e a Biblioteca escolar.

 

16
Start: 16/05/2024 00:00
End: 16/05/2024 00:00

O alumnado de 1º e 2º BAC realiza unha viaxe didáctica a Roma e Florencia do 16 ao 21 de maio de 2024.

Start: 16/05/2024 00:00
End: 16/05/2024 00:00

DÍA NON LECTIVO

Start: 16/05/2024 11:30
End: 16/05/2024 13:30

Comezamos a semana recordando algúns momentos do Festival das Letras que celebramos o pasado mércores:
1 e 2. Lume Lola bailando o mix que nos prepararon
3. Zeltia recitando "Falade galego", de Pondal
4. Xoel e Adrián lendo uns versos de Daniel Asorey
5. Os Chascarraschás interpretando "A vella e o can"
6. Ana e Alba póndolle voz a "A fala" de Manuel María
7. Os das baquetas tocando o seu "Tambón"
8. Alejandro recitando "A poesía é unha lingua minorizada", de Yolanda Castaño

Start: 16/05/2024 11:30
End: 16/05/2024 13:30

Algunhas imaxes máis para o recordo do Festival das Letras 2024:
1. Poder Pita interpretando "Ferrol", de Los limones
2. Naiara e Sara recitando a Aldaolado
3. As botafumeiras bailando "Terra", das Tanxugueiras
4. Marcos facendo seus os versos de Daniel Asorey
5. 2º ESO A tocando "Camariñas"
6. Noel lendo a Carlos Negro
7 e 8. Algunhas das persoas premiadas

 

 

17
Start: 17/05/2024 00:00
End: 17/05/2024 00:00

Sabías que Luísa Villalta era da Coruña? E que, ademais de escritora, foi música?
Na exposición da planta baixa puidose coñecer máis datos interesantes sobre a protagonista do Día das Letras Galegas.

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

Start: 17/05/2024 00:00
End: 17/05/2024 00:00

FESTIVO AUTONÓMICO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

18
19
Distribuir contido


by Dr. Radut