Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 24, 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
24
Start: 24/04/2023 10:17

O Equipo Erasmus+ do centro está a comprobar o alcance do Proxecto na Comunidade Educativa do IES Cabo Ortegal. Porén, elaborou unhas enquisas finais (anónimas) que permitirán avaliar a nosa labor e a dos nosos Embaixadores.

Agradecemos a vosa colaboración!

ENQUISA FINAL ALUMNADO

ENQUISA FINAL PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE

ENQUISA FINAL FAMILIAS

25
Start: 25/04/2023 08:30
End: 25/04/2023 17:00

O alumnado de 2º ESO e 3º PDC realiza dous talleres D'tec o martes 25-4-23 de 08:30 a 17:00 horas.

1- Taller D´tec Market lab. Deseño de produto: exploran o traballo de laboratorio de química mentres desenvolven dous produtos cosméticos: bomba de baño e crema hidratante.

2- Taller D´tec Instagram AR: aproximación práctica ao uso da Realidade Aumentada (AR) a través da aplicación Spark que permite o desenvolvemento de contidos aumentados para a rede social Instagram. 

A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.

26
Start: 26/04/2023 08:30
End: 26/04/2023 20:30

Catro alumnos que cursan francés acuden a realizar as probas DELF B1 a Á Coruña o mércores 26-04-23 de 08:30 a 20:30 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Francés.

27
28
Start: 28/04/2023 12:00
End: 28/04/2023 14:00

Oito alumnas de 2º de ESO realizan un contacontos ao alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne o venres 28-04-23 de 12:00 a 14:00 horas.

 A actividade está organizada polo departemento de Lingua Galega e os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lungua Galega.


29
30
Distribuir contido


by Dr. Radut