Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Febreiro 10, 2023
Start: 10/02/2023 11:30

O alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º BAC teñen unha charla-coloquio o venres 10-02-23 de 11:30 a 13:10 horas na Biblioteca do Instituto.

A actividade serve para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro) e contará coa participación das exalumnas Eva, Laura e Miriam.

A actividade está organizada polos equipos de Biblioteca e do Club de Ciencias do IES Cabo Orteg

Mércores Febreiro 15, 2023
Start: 15/02/2023 08:30
End: 15/02/2023 14:30

O alumnado de 4º ESO e 1º e 2º BAC participan no Auditorio de Ferrol nas IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrol o 15-02-2023 de 8:30 a 14:30 horas (todavía por determinar).

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

Start: 15/02/2023 09:20
End: 15/02/2023 11:00

O alumnado de 2º ESO realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Habilidades sociais"o mércores 15-02-23 de 09:20 a 11:00 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

Start: 15/02/2023 11:30
End: 15/02/2023 13:10

O alumnado de 1º ESO realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Habilidades sociais"o mércores 15-02-23 de 11:30 a 13:10 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

Xoves Febreiro 16, 2023
Start: 16/02/2023 09:20
End: 16/02/2023 11:00

O alumnado de 4º ESO realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Prevención do xogo patolóxico" o xoves 16-02-23 de 09:20 a 11:00 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

Start: 16/02/2023 11:30
End: 16/02/2023 13:10

O alumnado de 3º ESO A/Ades realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Prevención de condutas aditivas"o xoves 16-02-23 de 11:30 a 13:10 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

Venres Febreiro 17, 2023
Start: 17/02/2023 11:00
End: 17/02/2023 14:00

Outro ano máis imos celebrar o Entroido coa degustación de chocolate con churros ás 11:00 horas e cun concurso de disfraces de 11:00 a14:00 horas.

Luns Febreiro 20, 2023
Start: 20/02/2023 00:00

VACACIÓNS DE ENTROIDO OS DÍAS 20,21 E 22 DE FEBREIRO DE 2023

Martes Febreiro 21, 2023

VACACIÓNS DE ENTROIDO OS DÍAS 20,21 E 22 DE FEBREIRO DE 2023

Mércores Febreiro 22, 2023
Start: 20/02/2023 00:00
End: 22/02/2023 00:00

VACACIÓNS DE ENTROIDO OS DÍAS 20,21 E 22 DE FEBREIRO DE 2023

Xoves Marzo 02, 2023
Start: 02/03/2023 12:30
End: 02/03/2023 13:30

O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC asiste o xoves 02-03-2023 de 11:30 a 14:00 horas á representación da obra teatral Alma de Tigre, da compañía Elefante Elegante, no Auditorio de Cariño.

 

A actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca Escolar do IES Cabo Ortegal.

 

Martes Marzo 07, 2023
Start: 07/03/2023 08:30
End: 07/03/2023 20:00

O alumnado que cursa as materias de Filosofía e Latín acuden a Lugo o martes 7-3-23 de 08:30 a 20:00 horas. Pola mañá visita ao  museo MIHL, percorrido pola muralla romana, visualización do Julio César do grafitero Diego As, visita á catedral. E, pola tarde, asiste no Auditorio Municipal Gustavo Freire á representación da obra El Persa de Plauto interpretada polo Grupo El Ruiseñor de Culleredo

A actividade está organizada polos departamentos de Filosofía e Latín

Start: 07/03/2023 11:30
End: 07/03/2023 13:10

O alumnado de 2º e 3º ESO participa nun obradoiro eminentemente práctico sobre Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais o martes 7-3-23 de 11:30 a 13:10 horas.

É un programa que convoca a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores.

A actividade está organizada polo departamento de Informática.

Xoves Marzo 09, 2023
Start: 09/03/2023 10:30
End: 09/03/2023 16:00

O alumnado de 4º ESO, 1º BAC e CICLO asiste a unha charla sobre "A nosa pegada dixital en Internet: canto saben de nós e para que o usan" no Pazo da Cultura de Narón o xoves 9-3-23 de 8:30 a 16:00 horas. Despois da charla, faise un tramo da Ruta dos Muiños de Xuvia.

A relatora é  Susana Ladra, enxeñeira e doutora en Informática pola UDC, graduada en Matemáticas (UNED), Directora do Campus Innova da UDC, profesora Titular, investigadora do CITIC e Vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Obtivo premios como MSCA 2018 Award ou Premio Ada Byron Nova pola Universidade de Deusto.

A actividade está organizada polos departamentos de Informática, Matemáticas e Tecnoloxía do IES Cabo Ortegal.

     

     

Distribuir contido


by Dr. Radut