Eventos
O noso alumnado de Bacharelato do Club de Ciencias inaugurou as actividades do curso 22-23 cunha ruta micolóxica pola Serra da Capelada. Aproveitando o comezo da tempada, puido coñecer algúns dos cogomelos máis característicos da nosa zona.
O Equipo Erasmus+ do centro elaborou estas enquisas (anónimas) para analizar os coñecementos da comunidade educativa do IES Cabo Ortegal respecto ao Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal.
Agredecemos a vosa participación!
O alumnado de 1º de BAC ten unha sesión de iniciación ao atletismo a cargo de Paula Mayobre o xoves 13-10-22 de 08:30 a 09:20 horas.
A actividade está organizada polo Concello de Cariño en colaboración co IES Cabo Ortegal.
O alumnado de 1º E 2º de ESO ten unha sesión de iniciación ao atletismo a cargo de Paula Mayobre o xoves 13-10-22 de 09:20 a 10:10 horas.
A actividade está organizada polo Concello de Cariño en colaboración co IES Cabo Ortegal.
O alumnado de 3º e 4º de ESO ten unha sesión de iniciación ao atletismo a cargo de Paula Mayobre o xoves 13-10-22 de 10:10 a 11:00 horas.
A actividade está organizada polo Concello de Cariño en colaboración co IES Cabo Ortegal.
O equipo Erasmus+ do centro organiza unha ruta para coñecer algúns dos aspectos xeolóxicos máis destacados da nosa contorna o 18-10-22 de 16:00 a 20:00 h. Grazas as fantásticas explicacións de Fran Canosa, os nosos embaixadores de 1º e 2º de Bacharelato formáronse para coñecer e poder divulgar as singularidades xeolóxicas da nosa zona.
A actividade está organizada polo Club de Ciencias e o equipo Proxecto Erasmus+ "Embaixadores do Xeoparque do Cabo Ortegal".
O alumnado de 1º bacharelato estivo traballando con Alfonso na construción de esculturas de madeira, unha actividade de concienciación medioambiental dentro do proxecto Erasmus+ e do Club de Ciencias do centro.