Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Abril 06, 2018
Start: 06/04/2018 07:30
End: 06/04/2018 19:00

A alumna Alba Rodríguez Novo e os alumnos Antón Filgueira Barcón, Mario Fraga Fernández e Adrián Fraguela Casto, de 1º de BAC, acuden a unha Master Class de física que organiza a Universidade de Santiago de Compostela.


Luns Abril 09, 2018
Start: 09/04/2018 08:30
End: 09/04/2018 09:20

O alumnado de 2º ESO B almorzou na cafetería do instituto de 08:30 a 09:20 horas

Xoves Abril 12, 2018
Start: 12/04/2018 07:45
End: 12/04/2018 19:00

O alumnado de 1º e 2º de BAC realiza unha visita ao campus da Coruña o xoves 12 de abril de 2018 de 07:45 a 19:00 horas.

 

Luns Abril 16, 2018
Start: 16/04/2018 10:25
End: 16/04/2018 12:05

O alumnado de 3º ESO ten unha charla dentro do programa QUÉROTE + de 10:25 a 12:05 horas

Martes Abril 17, 2018
Start: 17/04/2018 12:30
End: 17/04/2018 14:00

O alumnado de 3º e 4º de ESO participa nunha charla, e posterior firma de libros, co autor Hector Cajaraville o martes 17 de abril de 2018 no Aula de Usos Múltiples do centro de 12:30 a 14:00 horas.

Xoves Abril 19, 2018
Start: 19/04/2018 08:52

Os alumnos do IES Cabo Ortegal Mario Fraga Fernández, estudiante de 1º de Bac, e Adrián Pernas Lamas, de 2º de Bac, foron entrevistados pola Voz de Galicia.

Mario é debuxante de cómics e ten publicado o seu traballo «Arlén», e Adrián decántase polo realismo e exporá os seus debuxos no Museo Pedagóxico de Galicia.

Podedes ver a entrevista completa clicando no seguinte enlace

Mario, amosando a portada do seu cómic Arlén e Adrián cun debuxo feito por el

Venres Abril 20, 2018
Start: 20/04/2018 12:20
End: 20/04/2018 14:00

O alumnado de 1º e 2º de BAC que cursan Bioloxía teñen unha charla sobre as posibles saídas da carreira de Farmacia impartida por Lisardo Álvarez de 12:20 a 14:00 horas na Aula de Usos Múltiples

 

Mércores Abril 25, 2018
Start: 25/04/2018 09:20
End: 25/04/2018 18:00

O alumnado de Ciclo, de 1º e 2º de BAC e de 4º da ESO que cursan TIC realiza unha saída didáctica a Lugo na que visitan o periódico O Progreso e a Muralla romana o mércores 25 de abril de 09:20 a 18:00 horas.

É, como ven sendo habitual, tamén saímos na prensa, neste caso en El Progreso

Xoves Abril 26, 2018
Start: 26/04/2018 07:00
End: 26/04/2018 21:30

O xoves 26 de abril de 2018 o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de BAC que cursan a materia de Música realizan unha viaxe a Vigo de 07:00 21:30 horas


Start: 26/04/2018 10:45
End: 26/04/2018 12:30

O 26 de abril de 10:45 a 12:30 horas o alumnado de 4º de ESO, de 1º e 2º de Bac de ciencias participa nunha actividade por streaming de vídeo con motivo da celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC.

Venres Abril 27, 2018
Start: 27/04/2018 11:15
End: 27/04/2018 12:05

O alumnado de 1º e 2º de BAC ten unha charla cun representante da USC o venres 24 de abril de 2018 de 11:15 a 12:05 horas.

Luns Abril 30, 2018
Start: 30/04/2018 12:49

Moitas grazas ao alumnado de 3º de primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne polos debuxos e dedicatorias tan chulos que lles fixeron ás nosas monitoras de 1º e 2º de bacharelato.

Fixéronlles moita ilusión!! Moitas grazas!!

Venres Maio 04, 2018
Start: 04/05/2018 07:00
End: 04/05/2018 21:00

O alumnado de 1º de BAC, dos institutos de Ortigueira e Cariño, que cursa a materia de Robótica participa na IV edición da Competición de Robots organizado pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo o venres 4 de maio de 07:30 a 20:30 horas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut