INTELIXENCIA ARTIFICIAL, OFERTA UNIVERSITARIA, CURSO DE PORTUGUÉS E OBRADOIRO SOBRE O COLECTIVO LGTBI

A pasada semana estivo chea de actividades para o noso alumnado: os de 2BAC, xa enfocados nas ABAU, recibiron a charla dun especialista que lles explicou cómo funcionaba o proceso. Pola súa banda, os de 1BAC coñeceron de primeira man a oferta educativa das universidades galegas. 

Na ESO, destacamos o curso de onte OPS (O Portugués Simple) para 4ESO, que aproveita o que o noso alumnado xa sabe de galego para aprender portugués! Hoxe, en cambio, a Intelixencia Artificial tivo o seu papel: aprendimos dende cómo funciona a IA nun coche e como nos axuda na conducción, ata as utilidades do CHAT GPT no ámbito escolar. 

Por último… Para conmemorar o día da Visibilidade Lésbica, tivemos con nós, de novo, a EuroEume, que chegou ao noso alumnado dunha maneira divertida, pero traballando ao mesmo tempo elementos importantes sobre o colectivo LGTBI.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer