PROXECCIÓN DA CURTA "HERDEIRA" NA CASA DA CULTURA

O pasado 25 de xuño por invitación do concello de Pontedeume, tivo lugar na casa da cultura a proxección da curtametraxe Herdeira, creada por un grupo de alumnas e alumnos de 4º ESO. Este traballo enmárcase dentro do grupo de curtas do proxecto de creación audiovisual "Vidas mariñeiras" promovido polo GALP (grupo de acción costeira do golfo ártabro norte) que trata de poñer en valor o mundo do mar através da creación audiovisual nos centros educativos.

Herdeira na casa da cultura

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/pontedeume/2020/07/05/proyeccion-corto-ies-breamo/0003_202007F5C9991.htm

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer