Matrícula setembro 2017

Calendario e horario de matrícula de setembro para o curso 2017-2018. Procedemento - Sobres de matrícula

Xoves 7: Matrícula de 4º de ESO, 1º e 2º de BACHARELATO, de 10:00-13:30.

Concesión de bolsa Erasmus+ para o IES de Beade


Por segundo ano consecutivo, o noso IES foi merecedor dunha subvención do programa Erasmus+ KA101. O orzamento concedido este ano é de 12.840€.

Calendario de setembro

Calendario de setembro: exames, entrega de notas, reclamacións, selectividade, matrícula curso 2017-2018.

Calendario setembro 2017

Calendario e horario exames de setembro

Publicado o calendario e o horario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro, que se celebrarán o venres día 1 e o luns día 4.

Bo verán e sorte.

Consumópolis-12. Internet: fas un uso responsable?

A Consellería de Educación e o Instituto Galego de Consumo fixeron públicos os gañadores da fase autonómica de Consumópolis-12 "Internet:fas un uso responsable?" O noso centro obtivo o terceiro premio co traballo , coordinado por José Besada, "Internet únete co mundo".

DELF scolaire (Diploma de Estudos en Lingua Francesa)

Todo o alumnado do noso instituto que se presentou aos exames para conseguir o DELF scolaire (Diploma de Estudos en Lingua Francesa) conseguiu o diploma. 100% de éxito. Moitos parabéns.

Libros de texto curso 2017-2018

Publicadas as listaxes de libros de texto de ESO e BAC. ordenadas por curso para o próximo ano académico 2017-2018.

Visita a páxina de descargas

Aviso urxente transporte escolar

Informamos que hai convocada unha folga de transporte escolar para o martes 20 e o mércores 21 de xuño. En principio o noso centro debería quedar cuberto polos servizos mínimos, pero non o podemos garantir xa que non depende de nós. O Instituto, independentemente da posición e do seguimento da folga por parte das empresas, mantén o seu horario e actividade habitual.

Bolsas e axudas Ministerio de Educación

Visita a páxina para estudantes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Atoparás bolsas, axudas e subvencións para estudar, actividades extraescolares (campus científicos, programas de inmersión lingüística en colonias de vacacións...) e moitas ofertas educativas máis.

Listaxes definitivas AXUDASLE

Listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente, correspondentes ao disposto no artigo 15.6 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017.

Fondo libros de texto e axudas para libros de texto-material escolar

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Listaxes provisionais AXUDASLE

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017 (AXUDASLE).

Listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes, ordenados por puntuación.

Listaxes e información

Matrícula xuño-curso 2017-2018

Matrícula xuño 2017. Aquí tes o calendario e toda a información dentro de cada sobre.

Calendario  -  Sobre matrícula ESO  -  Sobre matrícula BAC

Listaxes definitivas admitidos curso 2017-2018

Publicadas as listaxes definitivas de alumnos admitidos para matricularse no noso centro para o curso 2017-2018.

Listaxe definitiva admitidos 17-18

Aliméntate ben. Froita na escola

Lembrade que a semana do 8 ao 14 de maio de 2017 volverá o reparto totalmente de balde ao alumnado de ESO de froita durante os recreos, grazas ao programa Aliméntate ben. Froita na escola do FGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).

Distribuir contido