Concesión de bolsa Erasmus+ para o IES de Beade


Por segundo ano consecutivo, o noso IES foi merecedor dunha subvención do programa Erasmus+ KA101. O orzamento concedido este ano é de 12.840€.

Neste programa inclúense actividades de formación no estranxeiro para o profesorado do centro. Desta forma, os nosos profesores e profesoras actualizan a súas habilidades docentes e entran en contacto con colegas doutros países europeos. O obxectivo é que no futuro próximo eses contactos permitan a organización de proxectos e itercambios con institutos e alumnado doutros países.