Benvida

IES  Santiago  Basanta  Silva

Correo electrónico:

ies.basanta.silva@edu.xunta.gal

Teléfono: 982870872

Enderezo:

Cidade Cultural, Rúa do Estudante s/n, 27800 Vilalba, Lugo

 

 

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24

O día 28 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2024 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24.

No artigo 4 de dita orde establécese que:

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 19 de agosto de 2024 e rematará o día 18 de setembro de 2024.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/, ou directamente desde a propia aplicación de de premios: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso de ter alumnado solicitante, o centro educativo deberá achegar os documentos que se lle solicitan no artigo 9 da citada orde. O informe do perfil da persoa aspirante referido no artigo 12 da orde deberá seguir a estrutura establecida no anexo IV publicado no DOG do 2 de xullo: Corrección de orde DOG Martes, 2 de xullo de 2024 (xunta.gal).

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO FONDO DE LIBROS CURSO 24_25

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO FONDO DE LIBROS CURSO 24_25

TEÑEN Á SÚA DISPOSICIÓN NO TABOLEIRO INTERIOR DO INSTITUTO, EN HORARIO DE 10 H. A 13 H. AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO FONDO DE LIBROS. TEÑEN DOUS DÍAS PARA FACER ALEGACIÓNS DENDE A SÚA PUBLICACIÓN, NO DÍA DE HOXE.

PÓDENSE TAMÉN CONSULTAR PINCHANDO EN ENLACE, PARA OS QUE TEÑAN ACCESO ELECTRÓNICO

HORARIO MES DE XULLO

HORARIO MES DE XULLO: DE 10 H. A 13 H. (O venres 26 o centro permanecerá pechado).

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE ESO E BAC PARA O CURSO 24_25

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE ESO E BAC PARA O CURSO 24_25

RUTAS DE TRANSPORTE E PARADAS

PREMA EN RUTAS DE TRANSPORTE PARA VER AS RUTAS E PARADAS ACTIVAS ACTUALMENTE

CALENDARIO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULAS

CALENDARIO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULAS CURSO 24_25

CALENDARIO FIN DE CURSO

CALENDARIO FIN DE CURSO

CUALE B1 DE INGLÉS

Aberto o prazo de preinscrición do CUALE B1 no IES Lois Peña Novo dende o 16 de maio ao 7 de xuño. Consulta as datas a continuación.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á DOCUMENTACIÓN

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 24-25.

Estimadas familias,

Xa saíu publicado ( ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio) o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 24-25.

Para 1º e 2º da ESO pódese solicitar a axuda para adquirir material escolar (non necesitarán libros pois terán ordenadores por estar no proxecto EDIXGAL)

Para 3º e 4º da ESO pódense solicitar ambas axudas, faise todo no mesmo formulario.

Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.

Na secretaría do centro están dispoñibles os formularios para solicitalo ou pódense cubrir en liña no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Se dispoñedes de certificado electrónico ou  Chave 365  pódense tramitar a través da sede electrónica. Procedemento administrativo:  ED330B

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Tedes toda esta información tamén na nosa páxina web.

Un saúdo.

A Dirección

Distribuir contido